Concello de Ourense deportes ourense

Reclamamos que Ourense sexa a capital da ximnasia cun novo pavillón deportivo

O grupo municipal socialista reuniuse esta mañá coa directiva do Club Ximnasia Pavillón para atender as súas reivindicacións en materia de ocupación de espacios deportivos e garantir que os entrenos da súa base se den nas condicións óptimas e sexan atendidas polo Goberno Municipal.

Denuncian que o Goberno Municipal fai postureo co «apoio ao deporte base» para despois, como acontece no caso da ximnasia, recortar nun 20% as horas de adestramento na instalación coa alturación necesaria para o equipo de élite.

A voceira socialista Natalia González, reclama que a solución pasa pola construcción dun novo pavillón deportivo para que «Ourense sexa a capital da ximnasia» e este deporte teña o impulso institucional que merece. Ademais, tende a man ao Goberno municipal para que avance nos contactos con Expourense, tal e como o concelleiro de deportes manifestou no Consello Municipal de Deportes, e se poida iniciar canto antes o proyecto. 

As socialistas instan ao Concello a que deixe de mirar cara outro lado e solucione o caos que ano tras ano se produce co calendario de horarios e uso de instalacións deportivas municipais, que sempre chegan «tarde, mal e arrastras» o que provoca un problema para familias, rapaces e clubes deportivos que non poden organizar os seus éntrenos nas condicións que merecen. Todo esto evidencia unha saturación das instalacións deportivas municipais, como acontece no caso do anexo do pavillón, onde cada día entrenan ao mesmo tempo varios clubes de diferentes modalidades deportivas.