Executiva Provincial de Ourense POLÍTICA PROVINCIAL Política municipal

Constituída a Agrupación Local de Allariz

O PSDEG-PSOE DE OURENSE CONSTITÚE A AGRUPACIÓN LOCAL SOCIALISTA DE ALLARIZ, CUN PROXECTO “FORTE, SÓLIDO E ESTABLE” PARA MELLORAR OS RESULTADOS ELECTORAIS NO MUNICIPIO

Dende a Executiva Provincial destacan que esta nova agrupación “vén a referendar a nosa idea de seguir aumentando a capacidade da organización concello a concello, reforzando o partido e implantando o proxecto sobre o territorio”

Elena Peaguda Domínguez, actual voceira do PSdeG-PSOE no concello de Allariz, foi elixida como secretaria local da agrupación; Miguel Castro García ocupará o cargo de secretario de organización e Manuela Vila Álvarez estará ao fronte da secretaría de política municipal

Allariz, 14 de outubro do 2025. O PSdeG-PSOE de Ourense constitúe a agrupación local de Allariz para reforzar e potenciar o proxecto socialista na vila e seguir construíndo un proxecto “forte, sólido e estable, que mellore os resultados electorais e consiga máis apoios de cara as eleccións municipais do 2027”.

Dende a Executiva Provincial do PSdeG-PSOE de Ourense destacan que esta nova agrupación “vén a referendar a nosa idea de seguir aumentando a capacidade da organización concello a concello, reforzando o partido e implantando o proxecto sobre o territorio”. As e os socialistas salientan que esta nova agrupación “vén motivada polo auxe e crecemento das e dos socialistas no municipio” e a apuntan a que “estamos ante un proxecto sólido, de futuro e en crecemento continuo”.

Elena Peaguda Domínguez, actual voceira do PSdeG-PSOE no concello de Allariz, foi elixida como secretaria local da agrupación; Miguel Castro García ocupará o cargo de secretario de organización e Manuela Vila Álvarez estará ao fronte da secretaría de política municipal. A agrupación conta xa neste intre con 6 militantes e traballa xa para captar novas persoas que se sumen a un proxecto en auxe e que cada vez ten maior respaldo da veciñanza.