Executiva Provincial de Ourense POLÍTICA PROVINCIAL

Constituida a coordinadora comarcal de Ourense

O PSDEG-PSOE DE OURENSE CONSTITÚE A SÚA COORDINADORA COMARCAL NA BISBARRA DE OURENSE, QUE ESTARÁ DIRIXIDA POR BRIAN DIZ, E QUE TEN COMO OBXECTIVO REFORZAR O PARTIDO CONCELLO A CONCELLO

As e os socialistas proseguen o seu traballo no territorio, percorrendo a provincia e constituíndo as coordinadoras comarcais co obxectivo de “comezar o traballo para formar as mellores candidaturas posibles de cara aos comicios electorais do 2027”

Apuntan que o partido fixouse como meta “aumentar o número de alcaldías, mellorar os resultados electorais, reforzar o partido por concellos e bisbarras e formar as candidaturas máis potentes e sólidas posibles para acadar os obxectivos”

Ourense, 15 de outubro do 2025. O PSdeG-PSOE de Ourense vén de celebrar unha reunión orgánica na sede do partido en Ourense con representantes socialistas da bisbarra, na que quedou constituída a coordinadora comarcal, que estará dirixida por Brian Diz González, concelleiro en Amoeiro. As e os socialistas proseguen o seu traballo no territorio, percorrendo a provincia e constituíndo as coordinadoras comarcais co obxectivo de “comezar o traballo para formar as mellores candidaturas posibles de cara aos comicios electorais do 2027”.

Na reunión estiveron presentes o secretario provincial do PSdeG-PSOE de Ourense, Álvaro Vila Araújo; o secretario de organización, Antonio González Fiuza; e a vicesecretaria xeral, Carmen Rodríguez Dacosta; o secretario adxunto á organización Javier Rey Rey, que participaron no encontro en representación da Executiva Provincial. Tamén estiveron presentes representantes da práctica totalidade dos concellos como Ourense, Amoeiro, A Peroxa, Vilamarín, Barbadás, Toén, Coles, San Cibrao das Viñas, Pereiro de Aguiar, Paderne de Allariz, Baños de Molgas, Maceda, Esgos ou Allariz.

Dende o PSOE de Ourense destacan que estas reunións comarcais “están sendo moi produtivas para coñecer de primeira man as necesidades de cada agrupación local” e apuntan a que “estamos traballando intensamente ca vista posta no 2027, pero tamén en escoitar as suxestións e demandas dos nosos cargos políticos e orgánicos ao longo de toda a provincia”.

As e os socialistas apuntan a que un dos principais obxectivos destas reunións “é reforzar o partido, escoitar á militancia e comezar a organizar equipos de traballo en cada concello para conformar candidaturas fortes, sólidas e gañadoras”. Asemade apuntan que o partido fixouse como meta “aumentar o número de alcaldías, mellorar os resultados electorais, reforzar o partido por concellos e bisbarras e formar as candidaturas máis potentes e sólidas posibles para acadar os obxectivos”.

En relación á bisbarra de Celanova, o PSdeG-PSOE de Ourense destaca que “estamos ante unha comarca clave no partido xudicial de Ourense, e que conta coa maioría de votantes na provincia”. Cabe lembrar que arestora gobernase nos concellos de Amoeiro, Coles, Barbadás ou Maceda e tense representación no resto de concellos, agás Xunqueira de Ambía. “Queremos mellorar os resultados en tódolos municipios, aumentar o número de alcaldías e os concelleiros en toda a bisbarra e gobernar na cidade de Ourense”.