Executiva Provincial de Ourense POLÍTICA PROVINCIAL Política municipal

Constituida a coordinadora comarcal da Limia

O PSOE DE OURENSE CONSTITÚE A COORDINADORA COMARCAL DA LIMIA CO OBXECTIVO DE REFORZAR O PARTIDO NA BISBARRA E DESENVOLVER UN PROXECTO SOCIALISTA PARA TODA A COMARCA

A coordinadora comarcal estará dirixida por Josefa Asunción Morgade Rúa, alcaldesa socialista de Rairiz de Veiga

Dende a Executiva Provincial destacan que estas reunións “están sendo clave para a construción do proxecto socialista na provincia e para a confección das candidaturas de cara aos comicios electorais que se celebrarán en maio de 2027”

Durante o encontro “escoitáronse as suxestións e necesidades dos diferentes representantes socialistas da bisbarra” e destacan que “consideramos primordial estar sobre o terreo, escoitando aos nosos cargos políticos e orgánico e traballando cóbado con cóbado con eles”

A Limia, 17 de outubro do 2025. O PSdeG-PSOE de Ourense vén de celebrar unha reunión orgánica en Xinzo con representantes do partido na bisbarra da Limia e na que se constituíu a coordinadora comarcal, que estará dirixida por Josefa Asunción Morgade Rúa, alcaldesa socialista de Rairiz de Veiga.

No encontro participaron o secretario provincial do PSdeG-PSOE de Ourense, Álvaro Vila Araújo; o secretario de organización, Antonio González Fiuza; en representación da Executiva Provincial. Tamén estiveron presentes representantes dos concellos de Rairiz de Veiga, Xinzo de Limia ou Vilar de Barrio.

Dende a Executiva Provincial destacan que estas reunións “están sendo clave para a construción do proxecto socialista na provincia e para a confección das candidaturas de cara aos comicios electorais que se celebrarán en maio de 2027”. As e os socialistas sinalan que durante o encontro “escoitáronse as suxestións e necesidades dos diferentes representantes socialistas da bisbarra” e destacan que “consideramos primordial estar sobre o terreo, escoitando aos nosos cargos políticos e orgánico e traballando cóbado con cóbado con eles para desenvolver accións que mobilicen as bases do partido, atraian novos militantes e xeren espazos de diálogo e debate coa veciñanza e os axentes sociais”.

Dende o PSdeG-PSOE de Ourense afirman que o principal obxectivo das reunións “é formar as candidaturas máis sólidas e fortes para desenvolver un proxecto de futuro para as comarcas e traballar para aumentar a representación política en tódolos concellos, lograr representación nos que non hai e aumentar o número de alcaldías”.

Con respecto a comarca da Limia, que é clave no partido xudicial de Ourense, o que máis escanos reparte para a Deputación Provincial de Ourense, actualmente gobernase en Rairiz de Veiga e cóntase con forte representación nos municipios de Xinzo de Limia, Vilar de Barrio e Os Blancos. A meta marcada “é recuperar a alcaldía de Xinzo e conseguir algunha máis, ademais de lograr representación en municipios como Baltar, Sarreaus, Trasmiras, Porqueira, Sandiás e Vilar de Santos.