ORZAMENTOS Parlamento de Galicia POLÍTICA PROVINCIAL

Os orzamentos da Xunta afondan na discriminación á provincia de Ourense

O PSDEG-PSOE DE OURENSE CONSIDERA QUE OS ORZAMENTOS DA XUNTA SON “INSUFICIENTES” PARA A PROVINCIA DE OURENSE E NON DAN RESPOSTA AS NECESIDADES REAIS DA CIDADANÍA

As e os socialistas destacan que estamos ante uns orzamentos, nos que un ano máis, “se discrimina á provincia de Ourense” e que están totalmente “baleiros de contido e con ausencia de partidas clave para o desenvolvemento das diferentes comarcas”

Subliñan que “Rueda anuncia a bombo e platillo os orzamentos máis altos da historia, pero a realidade e que medran por debaixo do IPC e do crecemento da economía, o que segundo apuntan “se traduce en que baixan e non medran como nos quere facer ver o PP”

Carmen R. Dacosta sinala que “estamos ante uns orzamentos nos que non hai plans integrais para o turismo, nos que non se fomenta a xeración de emprego, nos que se esquece a construción de vivenda pública e no que a sanidade a atención primaria seguirán na UCI”

Ourense, 21 de outubro do 2025. O PSdeG-PSOE de Ourense considera os orzamentos da Xunta anunciados polo goberno galego como “insuficientes” e sinala que “non dan respostas as necesidades reais da provincia e da cidadanía”. As e os socialistas destacan que estamos ante uns orzamentos, nos que un ano máis, “se discrimina á provincia de Ourense” e que están totalmente “baleiros de contido e con ausencia de partidas clave para o desenvolvemento das diferentes comarcas de Ourense”.

O PSOE ourensán vén de facer unha primeira valoración, tras coñecer nestes días o contido dos orzamentos da Xunta para o ano 2026. As e os socialistas destacan que estes orzamentos “profundan, aínda máis, na discriminación que sofre a provincia por parte do goberno galego e no que prima o esquecemento e a inacción”. Tamén subliñan que “Rueda anuncia a bombo e platillo os orzamentos máis altos da historia, pero a realidade e que medran por debaixo do IPC e do crecemento da economía, o que segundo apuntan “se traduce en que baixan e non medran como nos quere facer ver o PP”.

A deputada do PSdeG-PSOE de Ourense no Parlamento de Galicia, Carmen Rodríguez Dacosta, subliña que estes orzamentos “carecen de políticas que permitan unha cohesión e reequilibrio territorial, o que se traduce, un ano máis, no abandono completo do rural”. Neste senso sinala que “estamos ante uns orzamentos nos que non hai plans integrais para o turismo, nos que non se fomenta a xeración de emprego, nos que se esquece a construción de vivenda pública e no que a sanidade a atención primaria seguirán na UCI”.

Rodríguez Dacosta considera que na partida de políticas sociais “tan só crece a dependencia, e todo motivado porque o Goberno do Estado destina máis cartos para esta materia, pero estanse esquecendo de ámbitos clave como a migración, a solidariedade e a discapacidade”. En relación coa sanidade sinala que “aumenta a contía, pero o que se destina á atención primaria nos centros de saúde da provincia e unha cantidade irrisoria e que non permitirá rematar cos graves problemas que padecen os ourensáns e as ourensás”.

A parlamentaria autonómica destaca que, unha vez máis, “Rueda desleixa a Ourense cuns orzamentos no que as comarcas da provincia están totalmente esquecidas e cuns orzamentos que son un deja vu e unha tomadura de pelo para os ourensáns e as ourensás”. Asemade afirma que “o único que crece na provincia son os demandantes de vivenda, de axuda á dependencia e de atención sanitaria” e apunta a que os orzamentos “non son só unha decepción, senón que constatan que Ourense perde capacidade económica e servizos públicos, namentres o señor Rueda se dedica ao autobombo e á propaganda”.

Os orzamentos para 2026 da Xunta de Galicia retiran partidas clave como o plan director do Complexo Hospitalario de Ourense (CHUO), no que os teitos caen a pedazos e as obras están practicamente paralizadas; non se atenden as necesidades dos hospitais comarcais do Barco de Valdeorras e de Verín; óptase por parches na mellora da estrada OU-540 que une Celanova con Portugal, con partidas míseras e nas que non se inclúe a finalización da AG-31 ata a fronteira portuguesa; non hai partidas para os centros de saúde do Vinteún, nin de Mariñamansa; e tampouco se contempla unha partida para o servizo de xeriatría na provincia.