Executiva Provincial de Ourense POLÍTICA PROVINCIAL

Constituída a coordinadora comarcal de Verín

O PSDEG-PSOE DE OURENSE CONSTITÚE A COORDINADORA COMARCAL DE VERÍN PARA DESENVOLVER O PROXECTO SOCIALISTA NA BISBARRA COA VISTA POSTA NO ANO 2027

A voceira do PSdeG-PSOE no Riós e deputada provincial, Marina Vaz Quintillán será a encargada de coordinar a comarca

Dende a Executiva Provincial apuntan a que o obxectivo destes encontros “é pór en funcionamento a maquinaria coa vista posta neses importantes comicios electorais e comezar a deseñar os plans de traballo e estratexias de cara ás eleccións”

Verín, 31 de outubro do 2025. O PSdeG-PSOE de Ourense vén de manter unha nova reunión orgánica para a constitución da coordinadora comarcal de Verín. A voceira socialista no Riós e deputada provincial, Marina Vaz Quintillán, será a encargada de coordinar a comarca

Na xuntanza participaron o secretario provincial do PSdeG-PSOE de Ourense, Álvaro Vila Araújo; o secretario de organización, Antonio González Fiuza; a vicesecretaria provincial, Carmen Rodríguez Dacosta; e a secretaria provincial de política municipal, Susana Rodríguez Estévez. A comarca estivo representada por cargos do partido nos municipios de Verín, Vilardevós, Riós ou Laza.

Dende a Executiva Provincial destacan que a reunión “serviu para realizar unha primeira toma de contacto coa comarca e comezar a mover os primeiros fíos de cara as eleccións electorais do 2027”. Asemade apuntan a que o obxectivo dos encontros “é pór en funcionamento a maquinaria coa vista posta neses importantes comicios electorais e comezar a deseñar os plans de traballo e estratexias de cara ás eleccións”.

As e os socialistas salientan que a comarca de Verín “conta a día de hoxe cunha importante representación e diferentes municipios, sendo unha das máis relevantes da provincia”. Tamén fan fincapé en que este encontro “busca reforzar o partido naqueles municipios nos que non temos representación, aumentar os representantes no resto de concello e sumar novas alcaldías e maiorías absolutas que reforcen o partido. A Executiva Provincial considera que esta labor “é primordial, primeiro para coñecer o territorio, e segundo para traballar cóbado con cóbado cos nosos voceiros e alcaldes na procura do mellor proxecto para a bisbarra e para propiciar o cambio que tanto precisan algúns municipios tras anos de goberno caciquil do PP”.

En relación á comarca de Verín, actualmente gobernase en Verín, Castrelo do Val, Vilardevós e A Gudiña e tense representación en municipios como Laza, Riós ou A Mezquita. As e os socialistas póñense como meta aumentar este número de alcaldías, conseguir maior representación nestes concellos e lograr representación en municipios como Oímbra, Monterrei ou Cualedro.