A AGRUPACIÓN MUNICIPAL DO PSDEG-PSOE DE OURENSE CELEBRA O SEU TRADICIONAL MAGOSTO POPULAR NO CAMPO DA FEIRA
A cita gastronómica contará con actuación musical e terá un prezo popular de 5 euros
As entradas poden adquirirse na sede do partido (rúa Ribeira de Canedo) ou na oficina do grupo municipal socialista (rúa da Barreira) ata o xoves ás 14:00 horas
Ourense, 4 de novembro de 2025. A agrupación municipal do PSdeG-PSOE de Ourense celebra este venres un magosto popular aberto á cidadanía que desexe participar. A iniciativa diríxese, na liña das actividades programadas ao longo de todo este ano dende a Comisión Executiva Municipal, a achegar aos e ás ourensás ao partido e defender a cultura e tradicións da cidade.
A cita gastronómica, que contará con actuación musical, será no Campo da Feira (ao carón das instalacións de bombeiros), a partir das 20:00 horas, a un prezo de 5 euros. O menú inclúe costela de porco, empanada, chourizos, castañas, bica, bebidas e café (os e as menores de 10 asisten de balde). As entradas poden adquirirse na sede do partido (rúa Ribeira de Canedo) ou na oficina do grupo municipal socialista (rúa da Barreira).


