O PSDEG-PSOE OURENSE SÚMASE AOS ACTOS E REIVINDICACIÓNS CON MOTIVO DO 25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES
Dende as executivas provincial e local salientan que estamos ante un día que “nos atravesa como sociedade” e apuntan que esta “é unha xornada para lembrar a tódalas mulleres asasinadas a man da violencia machista e para acompañar ás sobreviventes e as súas familias”
Apuntan que “fronte ao retroceso, as e os socialistas posicionámonos con claridade e non permitiremos que se poña en xogo a igualdade, a liberdade, nin a seguridade das mulleres”
Como cada 25 de novembro, o PSdeG-PSOE de Ourense únese á chamada de Nacións Unidas e reafirma un compromiso que “é político, pero tamén vital, para non retroceder nin un milímetro”
Ourense, 25 de novembro do 2025. O PSdeG-PSOE de Ourense súmase aos actos e reivindicacións con motivo do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as mulleres. Dende as executivas provincial e local da cidade salientan que estamos ante un día que “nos atravesa como sociedade” e apuntan que esta “é unha xornada para lembrar a tódalas mulleres asasinadas a man da violencia machista e para acompañar ás sobreviventes e as súas familias”.
O PSOE ourensán pon o foco no día de hoxe do que afirma “é un día de determinación colectiva para renovar o compromiso do noso país cunha vida libre de violencia para todas as mulleres e nenas”. As e os socialistas destacan que fronte ao “negacionismo” e os discursos que “trivializan” a dos das mulleres, o PSOE “reitera o seu compromiso inquebrantable co avance de políticas públicas que protexan e reparen as vítimas, que impidan calquera forma de retroceso, e que garantan unha resposta integral, eficaz e especializada”.
“É necesario investindo en prevención, educación, formación, atención especializada, protección institucional e xustiza con perspectiva de xénero”, destacan dende as executivas provincial e local. Asemade tamén apuntan que “fronte ao retroceso, as e os socialistas posicionámonos con claridade e non permitiremos que se poña en xogo a igualdade, a liberdade, nin a seguridade das mulleres”. Neste senso sinalan que que “atoparannos en fronte, xunto ás vítimas e con todas as persoas que defenden unha sociedade xusta, libre e democrática”.
O PSdeG-PSOE de Ourense pon en valor o traballo feito polo Goberno progresista ao longo destes últimos anos, con fitos decisivos, como a renovación do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, aprobado no mes de febreiro. Un acordo que amplía o número de medidas, recoñece novas formas de violencia e reforza a súa dotación orzamentaria con 1.500 millóns de euros para os próximos 5 anos. “En coherencia con este Pacto de Estado, o Goberno aprobou o anteproxecto de Lei Orgánica de medidas fronte á violencia vicaria, que por primeira vez recoñece como delito autónomo, no código penal, este tipo de violencia que se exerce contra as mulleres a través das súas fillas e fillos”, afirman as e os socialistas.
Como cada 25 de novembro, o PSdeG-PSOE de Ourense únese á chamada de Nacións Unidas e reafirma un compromiso que “é político, pero tamén vital, para non retroceder nin un milímetro”. As e os socialistas fan fincapé en que “cada vida salvada é a maior vitoria dunha sociedade democrática”.
A Executiva Provincial do PSdeG-PSOE de Ourense e a Executiva Local da cidade invitan á cidadanía a participar activamente nos actos organizados no día de hoxe na cidade e en diferentes puntos da provincia. As e os socialistas organizarán un acto esta tarde ás 19:00 horas diante da oficina do grupo municipal socialista no concello de Ourense e participarán posteriormente na manifestación convocada ás 20:00 horas diante da subdelegación do Goberno.


