AS E OS SOCIALISTAS presentan unha batería de propostas para que a implantación da zona de baixas emisións non sexa unha “oportunidade convertida en problema”
Entenden como unha “irresponsabilidade” que a supresión “inminente” da ORA deixe sen futuro laboral e nun “limbo” aos 13 traballadores e traballadoras ao non contar Cunha alternativa
A voceira do Grupo municipal socialista, Natalia González, reclama que a Zona de Baixas emisións vaise implantar dende a “desinforamción, a improvisación e a faltar de diálogo” e que o seu fracaso terá un único culpable, o alcalde.
Ourense, 23 de decembro de 2025. O grupo municipal presentan unha batería propostas para que a implantación “inminente” da Zona de Baixas Emisións, o vindeiro 26 de decembro, non sexa un caos debido á desinformación, á improvisación e á falta de diálogo do alcalde.
Neste senso as socialistas instan á creación dun Plan Extraordinario de Aparcamento e solicitan que se aplace a supresión do servizo da ORA ata contar con “alternativas operativas”. Entenden como unha “irresponsabilidade” que a supresión deixe sen futuro laboral e nun “limbo” aos 13 traballadores e traballadoras.
Digo plan estaría composto polas seguintes medidas:
• Crear aparcadoiros disuasorios, modulares e temporais.
• Implantar sistemas intelixentes de estacionamento para residentes.
• Crear microhubs urbanos de distribución.
• Reactivar a Comisión Técnica de Seguimento do PMUS.
Destacan, as e os socialistas, que a implantación da ZBE debería ser unha “oportunidade” para avanzar cara unha movilidad e sostible e a realidade é que se está a producir nun contexto de deterioro do transporte urbano. Un transporte público deficiente e mal conectado”. Advirten de que a “inexistencia” dunha campaña informativa clara e concisa xerará confusión na cidadanía, sancións innecesarias e un “caos circulatorio” que podería evitarse se o Goberno Municipal fixese a implantación Cunha “maior planificación”
As socialistas xa advertían no mes de xullo das eivas coas que contaba a implantación, cando presentaron as emendas á ordenanza, que foron rexeitadas ante a falta de diálogo do grupo de Goberno; polo que sinalan como único responsable do problema, ao alcalde, Gonzalo Pérez Jácome.

