concellos INICIATIVAS

O PSOE de Leiro presenta alegacións á modificación da ordenanza das axudas por nacemento

O PSDEG-PSOE DE LEIRO PRESENTA ALEGACIÓNS Á MODIFICACIÓN DA ORDENANZA REGULADORA DAS AXUDAS POR NACEMENTO PARA MELLORAR A EFICACIA E GARANTIR UN USO “XUSTO E RESPONSABLE” DOS FONDOS PÚBLICOS MUNICIPAIS

Consideran “positivo” que o concello impulse políticas de apoio á natalidade, pero advirten de que o deseño da ordenanza “non pode afastarse do seu obxectivo principal, que non é outro que fixar poboación e apoiar ás familias que viven, traballan e desenvolven a súa vida en Leiro”

Pedro José González e Manuel Rodríguez subliñan que as alegacións presentadas poñen o foco nunha cuestión clave como é que o empadroamento “por si só non garante a residencia real e efectiva no municipio, polo que se propón incorporar criterios que acrediten que a vida persoal, familiar e social das persoas beneficiarias se desenvolve en Leiro”

Leiro, 23 de xaneiro do 2026O PSdeG-PSOE de Leiro vén de presentar a través do rexistro unha serie de alegacións á modificación da ordenanza reguladora das axudas por nacemento, co obxectivo de mellorar a eficacia da medida e garantir un uso “xusto e responsable” dos fondos públicos municipais.

Dende o grupo municipal socialista de Leiro consideran “positivo” que o concello impulse políticas de apoio á natalidade, pero advirten de que o deseño da ordenanza “non pode afastarse do seu obxectivo principal, que non é outro que fixar poboación e apoiar ás familias que viven, traballan e desenvolven a súa vida en Leiro”.

Os concelleiros socialista sen Leiro, Pedro José González e Manuel Rodríguez, subliñan que as alegacións presentadas poñen o foco nunha cuestión clave como é que o empadroamento “por si só non garante a residencia real e efectiva no municipio, polo que se propón incorporar criterios que acrediten que a vida persoal, familiar e social das persoas beneficiarias se desenvolve en Leiro”.

“O que defendemos é de sentido común”, afirman os edís socialistas que tamén apuntan que “as axudas municipais deben chegar ás familias que realmente viven en Leiro, que fan uso dos servizos públicos e que contribúen ao futuro do noso concello”.

A proposta socialista inclúe tamén un apartado para que se avalíe periodicamente o impacto destas axudas e comprobar se realmente compren a súa finalidade e se os recursos públicos están empregándose dunha forma “eficiente”. O PSdeG-PSOE de Leiro reitera a súa vontade de “aportar, mellorar e construír, exercendo unha oposición responsable, centrada nos intereses xerais da veciñanza e afastada de calquera debate persoal”.