AS E OS SOCIALISTAS RECLAMAN QUE O GOBERNO DE JÁCOME NON FAGA NEGOCIO CO TERMALISMO E QUE A PISCINA DAS BURGAS SEXAN ASEQUIBLES PARA OS E AS OURENSÁS
As socialistas veñen de presentar una batería de emendas á ordenanza na que reclaman bonificacións para empadroados, estudantes e familias numerosas, un día para a veciñanza e prioridade nos usos terapéuticos
Natalia González defendeu a “xestión directa da piscina como un recurso público e potencial da cidade que debe ser prioritario para os veciños e veciñas de Ourense e explotado como un negocio particular”
Ourense, 26 de xaneiro de 2026. As e os socialistas do Concello de Ourense defenden que se lle devolva o “carácter social ao termalismo ourensán” fronte á ausencia de proxecto ou desenvolvemento termal por parte do goberno de DO para Ourense. “Dende o Partido Socialista o que esiximos que non fagan negocio co noso termalismo, un dos activos máis importantes dos que dispomos e que estamos a deixar morrer por unha absoluta falta de interese do alcalde e o seu equipo de goberno”, tal e como explicou esta mañá a voceira socialista Natalia González.
As socialistas presentaron unha batería de emendas á ordenanza para a xestión do cobro da Piscina de As Burgas proposta polo executivo municipal nas que defenden que o modelo de xestión debe ser “directa e as súas decisións e modificacións aprobadas polo Pleno Muunicipal” e non un “recurso co que Gonzalo Pérez Jácome poda facer negocio ao seu gusto con presos elevados e o afán recaudatorio que plantexa esta ordenanza”. Ademais, as socialistas consideran que as sancións presentadas polo Goberno son “abusivas para os cidadáns”.
Natalia González defende tamén uns “prezos xustos e o carácter social e saudable” que debe ter o termalismo onde que as persoas empadroadas no Concello se vexan beneficiadas fronte ao “modelo turístico e privado do termalismo actual”. Neste mesmo censo, requiren que se teñan en conta bonificacións para as familias numerosas con “abonos accesibles e familiares”.
Por outra banda, a concelleira socialista Alba Iglesias, defendeu medidas para a xente moza cunha bonificación de 50% no custe de entrada, como se da no resto de servizos públicos e que a ordenanza plantexada non o contempla. Ademáis, as socialistas propoñen que haxa “un día da veciñanza á semana na que as ourensás e os ourensáns poidan entrar de xeito gratuito” e se de unha “prioridade de entrada cun horarios especial para as e os usuarios que fagan un uso terapéutico das termas”.

