Concello de Ourense Mobilidade Política social

Insistimos para que o Concello de Ourense axilice os pagos pendentes ás entidades do terceiro sector

AS SOCIALISTAS RECLAMAN AO EXECUTIVO LOCAL QUE FACILITE Á CIDADANÍA A TRANSICIÓN Á ZONA DE BAIXAS EMISIÓNS E INSISTIRON EN QUE SE AXILICEN OS PAGOS PENDENTES ÁS ENTIDADES DO TERCEIRO SECTOR

As edís do PSdeG reclamaron unha sinalización que solvente as dúblidas da veciñanza, en lugar de xerar máis confusión, e unha previsión para a retidara dos parquímetros da ORA que xa non están en funcionamento

As socialistas tamén preguntaron na Xunta de Área de Servizos Sociais, tal e como xa fixeran no pleno ordinario de xaneiro e en anteriores sesións dos órganos colexiados do Concello de Ourense, cando cobrarán as entidades do terceiro sector as axudas que lles corresponden dos anos 2023, 2024 e 2025 para desenvolver o seu labor

Ourense, 27 de xaneiro de 2026As edís do PSdeG cuestionaron ao executivo local pola entrada en vigor da Zona de Baixas Emisións e a eliminación da ORA que está a xerar caos na mobilidade urbana e lamentan que non exista previsión algunha para instalar unha sinalización axeitada que solvente ás dúbidas dos e das cidadás en lugar de promover máis desconcerto.

“Preguntamos cando se retirarán os parquímetros, que xa non funcionan, das rúas nas que funcionaba o servizo da ORA e a contestación foi que aínda non o saben. Como tampouco quen se fará cargo da indemnización polo despido dos empregados e empregadas que xestionaban e controlaban o servizo”, advirte a edil Alba Iglesias sobre a Xunta de Área de Seguridade Cidadá e Mobilidade que tivo lugar esta mañá.

As concelleiras socialistas critican que o sentido da Zona de Baixas Emisións -reducir o tráfico rodado nesa área delimitada e a contaminación- non se estea a producir pola ausencia dunha política municipal previsora e a falta de alternativas de aparcadoiro en Ourense.

As socialistas tamén preguntaron na Xunta de Área de Servizos Sociais, tal e como xa fixeran no pleno ordinario de xaneiro e en anteriores sesións dos órganos colexiados do Concello de Ourense, cando cobrarán as entidades do terceiro sector as axudas que lles corresponden dos anos 2023, 2024 e 2025 para desenvolver o seu labor. “A promesa por parte do executivo local de que cobrarán, sen unha previsión exacta de cando será, dificulta en moitos casos que as asociacións poidan organizar a súa actividade”, sinala a voceira do PSdeG, Natalia González, logo de visitar as instalacións de Por Eles TEA e trasladarlle ao equipo directivo que continuarán reclamando o pago de ditas axudas.

Así as cousas, a tamén secretaria xeral dos e das socialistas na cidade, lembra que se trata de organizacións chave para o funcionamento da sociedade ourensá que “nunca cobran en tempo en forma” para o importante traballo que desenvolven e que teñen que presentar, ano tras ano, as súas programacións para o curso seguinte sen contar co presuposto que precisan”, incide.