O PSOE DE OURENSE DENUNCIA A “FALLA TOTAL” DE COORDINACIÓN E O “CAOS” XERADO POR PARTE DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN EN VARIOS MUNICIPIOS DO RURAL OURENSÁN, QUE NO DÍA DE ONTE ENVIARON AOS ESCOLARES AS CASAS “SEN SEGUIR UNS PROTOCOLOS AXEITADOS” E SEN AVISAR AOS ALCALDES E ALCALDESAS
A Executiva Provincial do PSdeG-PSOE de Ourense tivo constancia da situación a travésde Sara Inés Vega Núñez, rexedora de Castro Caldelas; e de Aquilino Domínguez, alcalde de Parada de Sil
Sinalan a ausencia de “información por parte da delegación de educación da Xunta de Galicia en Ourense”, quen tomou a decisión de enviar aos escolares as súas casas en medio da xornada lectiva “tendo moitos deles graves problemas para poder regresar, debido as condicións meteorolóxicas”
Consideran a situación de “extrema gravidade” e esixen “explicacións aos responsables da delegación de educación da Xunta de Galicia na provincia”
Esíxenlle a delegación territorial de educación da Xunta de Galicia que en próximas ocasións “se estableza un mecanismo de coordinación estable co resto de administracións e que se avise dos dispositivos postos en marcha, tanto a subdelegación do Goberno, como a protección civil, consorcio de bombeiros, e por suposto, aos concellos”
Ourense, 28 de xaneiro do 2026. O PSdeG-PSOE de Ourense denuncia a “falla total” de coordinación e o “caos” xerado por parte da Consellería de Educación da Xunta de Galicia en varios municipios do rural ourensán, que no día de onte decidiron suspender as clases en medio da xornada lectiva e enviar as crianzas as súas casas “sen seguir un protocolo axeitado” e “sen avisar aos alcaldes e alcaldesas para unha correcta coordinación”. As e os socialistas esixen “explicacións” ante esta decisión e ante a falla de comunicación cos concellos e apuntan a que “quen deu a orde, debería ter avisado aos alcaldes e alcaldesas”.
A Executiva Provincial do PSdeG-PSOE de Ourense tivo constancia da situación a través de Sara Inés Vega Núñez, rexedora de Castro Caldelas; e de Aquilino Domínguez, alcalde de Parada de Sil. Os dous coinciden ao sinalar a ausencia de “información por parte da delegación de educación da Xunta de Galicia en Ourense”, quen tomou a decisión de enviar aos escolares as súas casas en medio da xornada lectiva “tendo moitos deles graves problemas para poder regresar, debido as condicións meteorolóxicas”. Foron os propios rexedores os que tal e como apuntan “recibimos as queixas e demandas de explicacións por parte dos pais dos alumnos, a pesar de non ter información sobre esta actuación”.
Tal e como relatan as e os socialistas, o CEIP de Castro Caldelas enviou ás crianzas de infantil, primaria e secundaria as súas casas “sen aviso previo as alcaldías por parte da delegación autonómica de educación, nin do propio colexio”. Dende o PSdeG-PSOE de Ourense consideran a situación de “extrema gravidade” e esixen “explicacións aos responsables da delegación de educación da Xunta de Galicia na provincia”.
No caso de Parada de Sil a situación reflicte “máis gravidade” se cabe, posto que ás 12:00 horas chamaron aos pais para informar que os nenos, que acoden ao CEIP de Castro Caldelas, regresaban as súas casas. “Ninguén avisou aos alcaldes e meteron aos nenos e as nenas nun autobús que tivo grandes problemas para chegar a Parada de Sil debido a neve acumulada na estrada e a que non actuaran as máquinas quita neves”, subliñan as e os socialistas, que tamén apuntan que “vivíronse momentos de tensión e temos que dar gracias de que non acontecese ningunha desgracia no camiño, porque o autobús viuse negro para chegar a Parada de Sil”.
“Estamos vendo que se están tomando decisións sen ningún tipo de coordinación por parte dos responsables educativos da Xunta na provincia”, explican as e os socialistas, que tamén apuntan que “o único que están xerando é un caos absoluto, ao obviar trasladar a información aos máximos responsables dos municipios, como son os alcaldes, quenes mellor coñecen a zona e poden axudar nas tarefas de regreso dos nenos e nenas seguros e sans as súas casas”.
Dende o PSdeG-PSOE de Ourense lembran que xa fai uns días “solicitamos que se garantise por parte da Xunta e da Deputación a máxima coordinación institucional e que se puxeran ao dispor dos concellos tódolos recursos necesarios ante a situación meteorolóxica adversa prevista nestes días”. Subliñan que a Xunta dispón de recursos humanos, materiais e capacidade orzamentaria que é fundamental nestes contextos.
Asemade, dende o PSOE ourensán esíxenlle a delegación territorial de educación da Xunta de Galicia que en próximas ocasións “se estableza un mecanismo de coordinación estable co resto de administracións e que se avise dos dispositivos postos en marcha, tanto a subdelegación do Goberno, como a protección civil, consorcio de bombeiros, e por suposto, aos concellos”. Reclaman ademais a comunicación “inmediata” cos concellos dos procedementos para poder solicitar asistencia e coordinar mellor tarefas como a de enviar aos escolares as súas casas.

