AS SOCIALISTAS DE OURENSE DENUNCIAN A XESTIÓN “ABSOLUTAMENTE DEFICIENTE” QUE A XUNTA DE GALICIA ESTÁ A REALIZAR NO ESTADIO DE O COUTO E QUE “PERXUDICA GRAVEMENTE” AO FÚTBOL OURENSÁN
As socialistas esiximos á Xunta de Galicia explicación “claras”, “responsabilidades política e unha xestión seria e rigorosa” dunha instalación que é patrimonio social de todo a cidade
“Non estamos ante unha situación excepcional, senon ante un novo episodio de mala xestión e un problema máis á larga lista de deficiencias que existen en O Couto.”, denuncian
Ourense, 5 de febreiro de 2026. As socialistas de Ourense denuncian a xestión “absolutamente deficiente” que a Xunta de Galicia está a realizar no Estadio de O Couto e que “perxudica gravemente” ao fútbol ourensán e “degrada a imaxe” de Ourense no ámbito deportivo.
Dende o grupo municipal socialista explican que a Xunta incumple de novo os seus compromisos e prazos -no anteriori pleno municipal facían o anuncio grandilocuente de que o clube UDO terían que abandoar durante 3 semanas as instalacións para arranxar o último parcheado de céspede que fixeron. A tan só 4 días de que se celebre o encontro deportivo co que se tería que reinagurar o campo, a Xunta comunica unha nova prohibición para o uso do estadio. Unha prohibición que chega tarde e mal, prefuxicando de novo aos xogadores co “sacrificio organizativo, deportivo e económico” que conleva. Unha falta de “planificación e de previsión absoluta” por parte da Xunta, alegan dende o grupo.
“Non estamos ante unha situación excepcional, senon ante un novo episodio de mala xestión e un problema máis á larga lista de deficiencias que existen en O Couto.”, denuncian e engaden que “non é normal que unequipo teña que abandoar o seu estadio en repetidas ocasión polo estado do céspede nin que a terceira cidade de Galicia cotinúe pagando as consecuencias de decisións mal executadas sen que ninguén asuma as responsabilidades”
As socialistas esiximos á Xunta de Galicia explicación “claras”, “responsabilidades política e unha xestión seria e rigorosa” dunha instalación que é patrimonio social de todo a cidade.

