POLÍTICA PROVINCIAL

Acadamos acordos para rehabilitar a igrexa de San Francisco e a reforma do CEIP Manuel Luis Acuña

AS SOCIALISTAS CONSEGUEN QUE SE APROBEN AS SÚAS INICIATIVAS PARA REHABILITAR a igrexa do convento de san francisco con cargo ao 2% cultural E a reforma integral do CEIP Manuel luis acuña

“Pedimos que o Goberno municipal faga o seu traballo e prepare un proxecto, que concorra á convocatoria. Falamos dun espazo público vivo, cultural, social e polivalente. Investir en patrimonio é apostar polo futuro, crear actividade e emprego, e reforzar a identidade da cidade”, expuxo a voceira do PSdeG, Natalia González.

Cristina Cruz, denunciou as condicións deplorables nas que as alumnas e alumnos do CEIP Manuel Luis Acuña están a recibir clase con frío, humidades, unha reforma que non chega por parte da Xunta de Galicia e uns arranxos frankestinianos e parcheados por parte do Concello de Ourense

Ourense, 6 de febreiro de 2026. O grupo municipal socialista no Concello de Ourense conseguiu o respaldo do Pleno para a aprobación das súas iniciativas para rehabilitar a igrexa de San Francisco presentando un proxecto ao 2% cultural do Goberno e a reforma integral e mantemento do CEIP Manuel Luis Acuña en A Carballeira. A primeira das dúas mocións foi aprobada cos votos a favor de PSOE, PP e BNG e a abstención de Democracia orensana. A segunda foi aprobada cos votos a favor do PSOE, BNG e Democracia Orensana e a abstención do Partido Popular.

“Pedimos que o Goberno municipal faga o seu traballo: que prepare un proxecto, que concorra á convocatoria e que non deixe pasar esta oportunidade. Falamos dun espazo público vivo, cultural, social e polivalente. Investir en patrimonio é apostar polo futuro, crear actividade e emprego, e reforzar a identidade da cidade”, expuxo a voceira do PSdeG, Natalia González.

Por todo elo, as socialistas instan na súa moción ao goberno local para que concorra á convocatoria do 2% cultural 2025 promovida polo Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana e que elaboren un proxecto de rehabilitación da antiga igrexa definindo un espazo de uso público abierto á cidadanía, de carácter cultural, social ou polivalente que contribúa á dinamización económica da cidade.

No que respecta á segunda iniciativa, a concelleira socialista, Cristina Cruz, denunciou as condicións deplorables nas que as alumnas e alumnos do CEIP Manuel Luis Acuña están a recibir clase con frío, humidades, unha reforma que non chega por parte da Xunta de Galicia e uns arranxos frankestinianos e parcheados por parte do Concello de Ourense, responsable do mantemento das instalacións. 

A concelleira quixo deixar constancia do esforzo que realizan as nais e pais do colexio, así como do profesorado e personal do centro que pinta as instalacións e ofrece material para as aulas de xeito desinteresado fronte aos anuncios grandilocuentes realizados pola Xunta de Galicia que logo rematan en NADA e máis alá de medalla o máis importante é actuar ante os riscos aos que se enfronta cada día a cativada.

Entenden as edís do PSdeG que esta situación fai urxente que se leve a cabo a reforma integral do CEIP e que o Concello de Ourense asuma as actuacións de mantemento necesarias.