Concello de Ourense

Reclamamos medidas proactivas e innovadoras ante os afundimentos das rúas

AS E OS SOCIALISTAS RECLAMAN QUE O GOBERNO DE JÁCOME TOME MEDIDAS URXENTES E INNOVADORAS PARA O CONTROL E MAPEO VIARIO E QUE A VECIÑANZA DEIXE DE ASUMIR RISCO

As socialistas explican que as últimas semanas volveron poñer de manifesto unha realidade preocupante: o Concello de Ourense continúa a ser gobernado desde a improvisación, sen planificación nin medidas preventivas eficaces fronte a situacións que afectan directamente á seguridade e á vida diaria da cidadanía

Desde o Grupo Municipal Socialista lembramos que o “mantemento das infraestruturas urbanas, a planificación da mobilidade e a prevención de riscos son competencias municipais directas”

Ourense, 9 de febreiro de 2026. As e os socialistas do Concello de Ourense denuncian que o Goberno municipal segue improvisando fronte ás emerxencias mentres os ourensáns e as ourensás asumen o risco.

As socialistas explican que as últimas semanas volveron poñer de manifesto unha realidade preocupante: o Concello de Ourense continúa a ser gobernado desde a improvisación, sen planificación nin medidas preventivas eficaces fronte a situacións que afectan directamente á seguridade e á vida diaria da cidadanía.

Os episodios de choivas intensas evidenciaron, unha vez máis, a falta de mantemento das infraestruturas urbanas -como a rúa Peña Trevinca, a rúa da Petanca, a subida a vistahermosa vella ou a rúa Castella Ferrer que se atopan pechadas ao tráfico- e a ausencia dun plan municipal de prevención. “Sumidoiros colapsados, vías anegadas e barrios expostos repítense cada vez que hai un temporal, trasladando á veciñanza unha sensación constante de incerteza”. Ademais, advirten de que a esta situación engádese un “problema grave e recorrente”: a aparición de socavóns en distintos puntos da cidade, algúns deles sen arranxo definitivo durante semanas ou meses. Estes buratos, consecuencia directa do deterioro do firme e da falta de mantemento, supoñen un risco real para vehículos e peóns e son un síntoma claro da deixadez na conservación do espazo público e que convirten o tráfico de Ourense nun auténtico drama diario, con cambios constantes de circulación, obras mal coordinadas e ausencia dunha planificación global da mobilidade. A cidadanía enfróntase a atascos habituais, perdas de tempo e unha sensación xeral de desorde que afecta tanto á vida cotiá como á actividade económica da cidade.

Desde o Grupo Municipal Socialista lembramos que o “mantemento das infraestruturas urbanas, a planificación da mobilidade e a prevención de riscos son competencias municipais directas”. Non se pode gobernar a base de parches, reaccións tardías e decisións improvisadas.

Por iso, dende o grupo municipal socialista solicitamos ao Concello que implemente mecanismos innovadores e proactivos de control e mantemento viario seguindo exemplos que funcionan noutras ciudades como:

✔️Sistematización do mapeo e detección automatizada de deterior do firme mediante tecnoloxías como sensores e intelixencia artifical, que permiten actuar antes de que se produzan afundimentos

✔️ Creación dunha plataforma integrada de xestión do espazo público e do pavimento que permitan como xa se están facendo en Vitoria-Gasteiz.

✔️ Inventario e monitorización activa das condición do firme urbano con criterios técnicos homologados e uso de materiais e técnicas máis rápidos e sostibles para as reparación

✔️ Plan integral de mobilidade que poña orde no tráfico da cidade

Ourense non precisa máis escusas nin improvisación. Precisa planificación, mantemento e un goberno que chegue a tempo.