A AGRUPACIÓN LOCAL DO PSDEG DE OURENSE ORGANIZA UN ENCONTRO NA CASA DO POBO CON LUCÍA DE CASTRO PARA ABORDAR OS DISCURSOS DA EXTREMA DEREITA NAS REDES SOCIAIS
O acto terá lugar na sede do partido, na rúa Ribeira de Canedo, 24-26, o venres 20 de febreiro, ás 20:00 horas
A encargada de introducir o debate será a secretaria xeral do PSOE na cidade, Natalia González, xunto a secretaria de Mobilización da agrupación local, Rosa Martínez
Ourense, 11 de febreiro de 2025. O vindeiro venres, 20 de febreiro, a Agrupación Municipal do PSdeG de Ourense organiza unha nova edición do ciclo Conversas na Casa do Pobo para afondar nun dos maiores desafíos que afronta a Democracia e a Educación: combater os discursos da extrema dereita entre a mocidade nunhas redes sociais nas que os discursos de odio e as mentiras multiplícanse exponencialmente.
A encargada de introducir o debate será a secretaria xeral do PSOE na cidade, Natalia González, xunto a secretaria de Mobilización da agrupación local, Rosa Martínez, e a ponente será Lucía de Castro, politóloga especializada en Seguridade Internacional e portavoz dos e das socialistas de León.
A autora de “VOX e Rusia”, e creadora de contido en diferentes redes sociais para combater as noticias falsas e os bulos que difunde a dereita e a extrema dereita en España, manterá un encontro coa militancia da agrupación local nun acto aberto ao público ás 20:00 horas.

