Concello de Ourense Política municipal

O Supremo confirma que o alcalde vulnerou os dereitos fundamentais da portavoz socialista Natalia González

O Tribunal Supremo confirma que o alcalde vulnerou os dereitos fundamentais da portavoz socialista Natalia González

A secretaria xeral do PSOE na cidade e portavoz do grupo municipal socialista no Concello de Ourense, Natalia González, puntualizou que non estamos a falar dunha vitoria política nin dun conflito entre partidos

Falamos de algo moito máis serio: de que en Ourense foi necesario que o Tribunal Supremo interviñese para garantir dereitos fundamentais básicos no Pleno municipal. Iso non é normalidade democrática. Ourense merece un goberno que respecte as institucións, a pluralidade e as regras do xogo democrático sen que teña que llo lembrar un xulgado”, destacou

Ourense, a 24 de febreiro de 2026.

As edís do grupo municipal socialista compareceron esta mañá ante os medios de comunicación para informar dunha resolución xudicial firme, e de máxima relevancia institucional, para o Concello de Ourense.

“O Tribunal Supremo vén de confirmar, sen posibilidade de recurso, que durante o desenvolvemento dos plenos municipais se produciron vulneracións de dereitos fundamentais da oposición, en concreto do dereito á participación política e ao uso da palabra”, explicou a concelleira do PSOE María Fernández Ojea.

E continuou subliñando que a sentenza “confirma que estas prácticas foron contrarias ás garantías democráticas básicas que deben rexer o funcionamento dun órgano representativo como o Pleno”. “Non se trata dunha discrepancia política nin dun conflito partidario, senón dunha vulneración acreditada xudicialmente”, incidiu.

Ademais, as socialistas lembraron que o Supremo condena ao alcalde ao pagamento das costas procesuais, ao considerar infundado o recurso interposto, por non ter presentado argumentacións á hora de recurrir.

“O máis grave é que este procedemento podería terse evitado cun comportamento institucional correcto e respectuoso cos dereitos fundamentais dos representantes electos. Pola contra, optouse por prolongar o conflito ata a máxima instancia xudicial do Estado”, lamentou ante o que supón o modo de proceder habitual do alcalde para dilatar todo aquello que non lle reporta beneficios electorais.

Desde o grupo socialista consideran imprescindible que esta sentenza firme sexa posta en coñecemento, coa máxima inmediatez, do Pleno e que se adopten medidas para garantir que feitos deste tipo non volvan producirse.

A secretaria xeral do partido na cidade e portavoz do grupo municipal socialista no Concello de Ourense, Natalia González, puntualizou que non estamos a falar dunha vitoria política nin dun conflito entre partidos. “Falamos de algo moito máis serio: de que en Ourense foi necesario que o Tribunal Supremo interviñese para garantir dereitos fundamentais básicos no Pleno municipal. Iso non é normalidade democrática. Ourense merece un goberno que respecte as institucións, a pluralidade e as regras do xogo democrático sen que teña que llo lembrar un xulgado”.