O PSDEG-PSOE DE OURENSE REÚNE AOS SEUS REPRESENTANTES NA COMARCA DE CELANOVA CO OBXECTIVO DE IMPULSAR AS CANDIDATURAS MÁIS SÓLIDAS E FORTES DE CARA AS MUNICIPAIS DE 2027
No encontro participaron o secretario provincial do PSdeG-PSOE de Ourense, Álvaro Vila Araújo; o secretario de organización, Antonio González Fiuza; e a secretaria de acción electoral, Susana Rodríguez Estévez. Tamén estiveron presentes representantes dos municipios de Celanova, Ramirás, Cartelle ou A Merca
Dende a Executiva Provincial apuntan que “estamos traballando arreo para desenvolver o proxecto socialistas comarca a comarca e concello a concello, cuns parámetros moi claros e concretos, e con ideas que nos permitan achegarnos de primeira man á veciñanza”
As e os socialistas poñen de manifesto que a maquinaria do partido “leva meses en marcha e traballando sobre o terreo na procura de confeccionar as candidaturas máis sólidas e fortes posibles para saír a gañar as vindeiras eleccións municipais”
Celanova, 27 de febreiro de 2026. O PSdeG-PSOE de Ourense prosegue coa segunda rolda de reunións comarcais pola provincia, coa vista posta nas eleccións municipais do 2027. Desta vez representantes da Executiva Provincial mantiveron un encontro na comarca de Celanova, con responsables e voceiros das diferentes agrupacións e grupos municipais socialistas.
No encontro participaron o secretario provincial do PSdeG-PSOE de Ourense, Álvaro Vila Araújo; o secretario de organización, Antonio González Fiuza; e a secretaria de acción electoral, Susana Rodríguez Estévez. Tamén estiveron presentes representantes dos municipios de Celanova, Ramirás, Cartelle ou A Merca.
Dende a Executiva Provincial destacan que esta segunda rolda de reunións “vén motivada pola necesidade de reactivar as agrupacións municipais de cara aos decisivos comicios electorais que se celebrarán no mes de maio de 2027”. Asemade apuntan que “estamos traballando arreo para desenvolver o proxecto socialistas comarca a comarca e concello a concello, cuns parámetros moi claros e concretos, e con ideas que nos permitan achegarnos de primeira man á veciñanza”.
As e os socialistas poñen de manifesto que a maquinaria do partido “leva meses en marcha e traballando sobre o terreo na procura de confeccionar as candidaturas máis sólidas e fortes posibles para saír a gañar as vindeiras eleccións municipais”. Neste senso, dende o PSdeG-PSOE de Ourense poñen de manifesto que a provincia “precisa dun cambio real, que remate con anos de políticas clientelares e caciquís e que impulse un novo proxecto para un desenvolvemento completo de cada comarca e concello” e apuntan que “ese cambio só será posible da man do PSdeG-PSOE de Ourense, o partido dos avances e que impulsou o plan único na Deputación de Ourense, que lles permite hoxe aos concellos contar con importantes investimentos, tras décadas de bloqueos e de reparto a dedo de fondos públicos do Partido Popular”.




Con respecto a comarca, a Executiva Provincial está confeccionando xa as candidaturas de cara as eleccións municipais e buscando candidatos e candidatas naqueles concellos nos que non conta con representación. “O obxectivo que nos marcamos é o de aumentar a representación municipal en concellos como Cartelle, Celanova, Cortegada, A Merca, Padrenda ou Pontedeva, apuntalar a alcaldía en Ramirás e lograr que a comarca conte con novos rexedores e rexedoras socialistas”. Igualmente tamén se están facendo esforzos para que o PSdeG-PSOE conte con representación en municipios como Gomesende, A Bola ou Quintela de Leirado, nunha comarca que as e os socialistas “consideran clave, xa que forma parte do partido xudicial de Ourense, que é o que máis escanos reparte na Deputación Provincial”.

