8M Executiva municipal de Ourense FEMINISMO

Conmemoramos o 8M cun acto que reivindica que «As mulleres facemos cidade»

As socialistas de Ourense conmemorarán o 8M cun acto baixo o lema “As mulleres facemos cidade”

A Executiva Municipal do PSdeG de Ourense organiza este xoves, 5 de marzo, ás 18.30 horas na Praza de Paz Nóvoa, unha iniciativa que se desenvolverá ao aire libre e na que convidan a participar a todas as persoas que o desexen

Ademais, impulsarase unha acción simbólica participativa, o “Mural da Igualdade”, no que a cidadanía poderá deixar por escrito mensaxes, desexos e compromisos para construír un Ourense máis xusto e inclusivo

En Ourense, a 28 de febreiro de 2026.

A Executiva Municipal do PSdeG de Ourense organiza este xoves, 5 de marzo, ás 18.30 horas na Praza de Paz Nóvoa, un acto para conmemorar o 8M baixo o lema “As mulleres facemos cidade”. A iniciativa, que se desenvolverá ao aire libre, nace coa vontade de converter o Día Internacional da Muller nun espazo aberto e participado pola veciñanza, máis alá do ámbito estritamente institucional, reforzando así o compromiso do socialismo ourensán coa igualdade desde o local.

O encontro terá como eixo central a participación de mulleres da cidade procedentes de distintos ámbitos —coidados, emprendemento, ámbito rural, estudantado, cultura, deporte ou asociacionismo, entre outros— que compartirán a súa reflexión arredor do que significa a igualdade no seu día a día en Ourense.

Ademais, impulsarase unha acción simbólica participativa, o “Mural da Igualdade”, no que a cidadanía poderá deixar por escrito mensaxes, desexos e compromisos para construír un Ourense máis xusto e inclusivo.

A xornada completarase cunha breve intervención política e coa lectura compartida do manifesto do 8M, rematando cun peche colectivo baixo o lema “Sen igualdade non hai cidade”. Desde a Executiva Municipal do PSdeG animan a sumarse a este encontro aberto, pensado para escoitar, visibilizar e recoñecer o papel fundamental das mulleres na construción dun Ourense máis equitativo.