Executiva Provincial de Ourense POLÍTICA PROVINCIAL

Reunímonos coa comarca da Limia para traballar na confección das mellores candidaturas para o 2027

O PSDEG-PSOE DE OURENSE MANTÉN UNHA REUNIÓN COS E CAS REPRESENTANTES SOCIALISTAS NA COMARCA DA LIMIA PARA CONSTRUÍR UN PROXECTO DE DESENVOLVEMENTO PARA A ESTA BISBARRA

No encontro participaron o secretario provincial do PSdeG-PSOE de Ourense, Álvaro Vila Araújo; o secretario de organización, Antonio González Fiuza; e a secretaria de política municipal, Susana Rodríguez Estévez e estiveron presentes representantes de Xinzo de Limia, Rairiz de Veiga ou Vilar de Barrio

As e os socialistas apuntan que “estamos traballando concello a concello e comarca a comarca cun obxectivo claro e marcado que é desenvolver o proxecto socialista sobre o territorio, cuns parámetros claros, concisos e concretos, e con ideas e accións que nos permitan achegarnos de primeira man e conectar coa veciñanza”

Recalcan que o cambio “só será posible da man do PSOE, o partido que impulsou o Plan Cooperou na Deputación, que permite un reparto de fondos públicos xusto e equitativo entre os diferentes concellos e ao que o PP se negou durante décadas, apostando por repartos a dedo entre concellos afíns”

Xinzo de Limia, 5 de marzo de 2026. O PSdeG-PSOE de Ourense prosegue coa segunda rolda de reunións comarcais, percorrendo á provincia, escoitando aos cargos orgánicos do partido e coa vista posta nas eleccións municipais do 2027. Desta vez representantes da Executiva Provincial mantiveron un encontro na comarca da Limia, con responsables e voceiros das diferentes agrupacións e grupos municipais socialistas.

No encontro participaron o secretario provincial do PSdeG-PSOE de Ourense, Álvaro Vila Araújo; o secretario de organización, Antonio González Fiuza; e a secretaria de política municipal, Susana Rodríguez Estévez. Tamén estiveron presentes representantes dos municipios de Xinzo de Limia, Rairiz de Veiga ou Vilar de Barrio.

O PSdeG-PSOE de Ourense destaca que con estas reunións “buscamos reactivar as agrupacións municipais de cara aos comicios electorais que se celebrarán en maio de 2027 e dos que sairán os novos gobernos municipais da provincia”. As e os socialistas apuntan que “estamos traballando concello a concello e comarca a comarca cun obxectivo claro e marcado que é desenvolver o proxecto socialista sobre o territorio, cuns parámetros claros, concisos e concretos, e con ideas e accións que nos permitan achegarnos de primeira man e conectar coa veciñanza”. Neste senso tamén salientan que “levamos meses traballando na confección das mellores candidaturas en cada concello e escoitando as necesidades dos municipios para levar a cabo as iniciativas que os permitan espertar do letargo no que os sumiron os gobernos municipais do PP”.

Dende a Executiva Provincial do PSdeG-PSOE de Ourense poñen de manifesto que a provincia “precisa dun cambio real, que remate con anos de políticas clientelares e caciquís e que impulse un proxecto para un desenvolvemento real de cada comarca e concello”. Asemade tamén recalcan que o cambio “só será posible da man do PSOE, o partido que impulsou o Plan Cooperou na Deputación, que permite un reparto de fondos públicos xusto e equitativo entre os diferentes concellos e ao que o PP se negou durante décadas, apostando por repartos a dedo entre concellos afíns e castigando ao resto”.

En relación á comarca da Limia, a Executiva Provincial está traballando xa na confección das candidaturas de cara as eleccións municipais e procurando candidatos e candidatas naqueles concellos que non contan con representación socialista. “Queremos aumentar a nosa representación en concellos como Os Blancos, Vilar de Barrio; recuperar a alcaldía de Xinzo de Limia, apuntalar a de Rairiz de Veiga e lograr representación en municipios como Baltar, Vilar de Santos, Porqueira, Sandiás, Sarreaus ou Trasmiras”. As e os socialistas sinalan que A Limia “debe contar co maios número de alcaldías socialistas, que revitalicen a comarca e permitan aos municipios avanzar”. Tamén apuntan que a devandita comarca “é clave para lograr un cambio real na Deputación, que remate coas políticas de desleixo e abandono do Partido Popular e que sirva para darlle un importante pulo a esta terra”.