As socialistas reivindican ás “Mulleres pioneiras de Ourense” e unha cidade “máis igualitaria e conciliadora”
As Socialistas de Ourense teñen claro que a igualdade “constrúese tamén desde o local, con políticas públicas, con servizos públicos fortes e apoio á conciliación e con recursos contra a violencia machista”, aclarou Natalia González
O encontro, que contou coa participación da secretaria de organización dos socialistas galegos, Lara Méndez; tivo como eixo central a participación de mulleres da cidade procedentes de distintos ámbitos —coidados, emprendemento, ámbito rural, estudantado, cultura, deporte ou asociacionismo
En Ourense, a 5 de MARZO de 2026.
As socialistas de Ourense reivindicaron ás “Mulleres que constrúen Ourense” e “fan cidade”. A secretaria xeral e voceira municipal, Natalia González, puxo de manifesto a necesidade de que a cidade “mire cara o futuro onde ninguén teña que escoller entre ser nai ou ter carreira profesional, ningunha muller teña medo ao volver á casa, o traballo de coidados teña recoñecemento e apoio e as nenas medren sabendo que poden ser o que queiran e que non teñen límites.”
As Socialistas de Ourense teñen claro que a igualdade “constrúese tamén desde o local, con políticas públicas, con servizos públicos fortes e apoio á conciliación e con recursos contra a violencia machista”, aclarou González; e puntualizou que, especialmente “con medios, vontade política e priorizando os orzamentos”
O encontro, que contou coa participación da secretaria de organización dos socialistas galegos, Lara Méndez; tivo como eixo central a participación de mulleres da cidade procedentes de distintos ámbitos —coidados, emprendemento, ámbito rural, estudantado, cultura, deporte ou asociacionismo, entre outros— quenes compartiron a súa reflexión arredor do que significa a igualdade no seu día a día en Ourense.
Un acto para conmemorar o 8M baixo o lema cunha iniciativa ao aire libre, nace coa vontade de converter o Día Internacional da Muller nun espazo aberto e participado
pola veciñanza, máis alá do ámbito estritamente institucional, reforzando así o compromiso do socialismo ourensán coa igualdade desde o local.
No mesmo acto, realizouse unha acción simbólica participativa, o “Mural da Igualdade”, no que centos de ourensás e ourensáns deixaron por escrito mensaxes, desexos e compromisos para construír un Ourense máis xusto e inclusivo.
A xornada, moderada pola secretaria de acción electoral e concelleira, María Fernández, estivo marcada pola ambientación musical das artistas locais Lorena e
María e completouse coa lectura do manifesto do 8M, por parte da secretaria de igualdade das socialistas ourensáns e deputada, Marga Martín.
Desde aquí queremos ser moi claras:
Os pasos atrás, nin para coller impulso.
Vivimos tempos nos que hai quen cuestiona dereitos que parecían consolidados.
Hai quen minimiza a violencia machista.
Hai quen saca peito de defender a igualdade mentres recorta políticas que a fan posible.

