O PSDEG-PSOE DE OURENSE PROSEGUE CO SEU PERCORRIDO POLA PROVINCIA E VISITA A COMARCA DE TRIVES-CALDELAS PARA TRABALLAR NA CONFECCIÓN DAS CANDIDATURAS MUNICIPAIS
A delegación da Executiva Provincial do PSdeG-PSOE de Ourense estivo encabezada polo secretario provincial, Álvaro Vila Araújo; o secretario de organización, Antonio González Fiuza; e a secretaria de política municipal, Susana Rodríguez Estévez. No encontro participaron representantes dos municipios de Manzaneda, Parada de Sil, Castro Caldelas ou San Xoán de Río
“Temos un proxecto para desenvolver esta comarca e temos o exemplo dos alcaldes e alcaldesas socialistas que día a día están traballando arreo para mellorar a calidade de vida da veciñanza dos seus municipios”, sinalan
“Ourense precisa dun impulso, dun desenvolvemento por comarcas e en cada concello, un cambio que só pode vir da man do PSdeG-PSOE de Ourense”, apuntan, antes de sinalar que “o PSOE xa preparou os cimentos co Plan Cooperou na Deputación, un traballo exhaustivo e un proxecto impulsado polas socialistas tras anos de loita e de negativas do Partido Popular a un reparto de fondos públicos xusto e equitativo”
Castro Caldelas, 6 de marzo de 2026. O PSdeG-PSOE de Ourense continúa co seu percorrido pola provincia, visitando as comarcas e reuníndose cos seus cargos orgánicos para traballar na confección das candidaturas de cara as eleccións municipais do 2027. Desta vez, representantes da Executiva Provincial mantiveron unha reunión de traballo na comarca de Trives-Caldelas, con responsables, voceiros e voceiras das diferentes agrupacións e grupos municipais socialistas.
A delegación da Executiva Provincial do PSdeG-PSOE de Ourense estivo encabezada polo secretario provincial, Álvaro Vila Araújo; o secretario de organización, Antonio González Fiuza; e a secretaria de política municipal, Susana Rodríguez Estévez. No encontro participaron representantes dos municipios de Manzaneda, Parada de Sil, Castro Caldelas ou San Xoán de Río.





Dende o PSdeG-PSOE de Ourense apuntan a que estas reunións nas diferentes bisbarras “están sendo moi produtivas, xa que estamos reactivando as agrupacións municipais e traballando arreo na procura das mellores candidaturas para que en maio de 2027 a provincia poida lograr o cambio que tanto necesita”. As e os socialistas apuntan a un traballo “exhaustivo”, concello a concello e comarca a comarca para “desenvolver o proxecto que temos artellado para a provincia, coñecer de primeira man as necesidades de cada territorio e estar en contacto coa veciñanza”.
“Esta provincia precisa dun cambio real, dun proxecto que remate con anos de desleixo, abandono e políticas clientelares do Partido Popular”, explican as e os socialistas que tamén apuntan que “Ourense precisa dun impulso, dun desenvolvemento por comarcas e en cada concello, un cambio que só pode vir da man do PSdeG-PSOE de Ourense”. Asemade sinalan que “o PSOE xa preparou os cimentos co Plan Cooperou na Deputación, un traballo exhaustivo e un proxecto impulsado polas socialistas tras anos de loita e de negativas do Partido Popular a un reparto de fondos públicos xusto e equitativo” e afirman que “logramos algo que parecía imposible e agora imos ir a por máis, acadando o maior número de alcaldías e conseguindo un goberno socialista na Deputación de Ourense que lle dea un xiro de 360 grados ao futuro de Ourense”.
En relación á comarca de Trives-Caldelas, a Executiva Provincial avanza na confección das candidaturas municipais, nunha comarca “clave” tanto a nivel local como provincial, pois reparte un único deputado para formar parte da Deputación e o obxectivo “claro” das e dos socialistas “é loitar por superar ao PP en número de votos para obter este representante no ente provincial”. O PSdeG-PSOE de Ourense fíxase como obxectivo manter e reforzar as alcaldías de Castro Caldelas, A Pobra de Trives, Manzaneda e Parada de Sil e tratar de sumar algunha máis. Ademais buscarán aumentar a súa representación no concello de San Xoán de Río e lograr contar con concelleiros en municipios como Montederramo, A Teixeira, Vilariño de Conso ou Chandrexa de Queixa.
“Temos un proxecto para desenvolver esta comarca e temos o exemplo dos alcaldes e alcaldesas socialistas que día a día están traballando arreo para mellorar a calidade de vida da veciñanza dos seus municipios”, sinalan as e os socialistas. Asemade apuntan que na bisbarra de Trives-Caldelas “o cambio é visible, cun Partido Popular en retroceso e cun PSdeG-PSOE que día a día aumenta os seus apoios e que está preparado para liderar e converterse na forza máis votada na comarca”.

