O PSDEG-PSOE DE OURENSE CONSTITÚE A NOVA COMISIÓN EXECUTIVA LOCAL DE BARBADÁS CON VICTORIA MORENZA DOFORNO COMO SECRETARIA XERAL DA AGRUPACIÓN SOCIALISTA
Dende a Executiva Provincial do PSdeG-PSOE de Ourense explican que a nova executiva local “estará formada por un equipo que combina compromiso, experiencia e ilusión por fortalecer o proxecto socialista no municipio”
As e os socialistas poñen de manifesto a “unidade” da militancia arredor deste proxecto político, impulsado co obxectivo de “reforzar o traballo do socialismo en Barbadás e seguir construíndo unha alternativa sólida, de calidade e concienciada en mellorar o futuro do municipio”
Dende a Agrupación Socialista de Barbadás destacan que esta nova etapa supón “un paso adiante para fortalecer a organización e continuar construíndo un proxecto de futuro para Barbadás baseado na igualdade de oportunidades, na mellora dos servizos públicos e no desenvolvemento sostible do municipio”
Barbadás, 9 de marzo de 2026. A Agrupación Socialista de Barbadás vén de constituír a súa nova comisión executiva local, trala celebración dunha asemblea extraordinaria o pasado venres, na que a militancia respaldou por unanimidade a única candidatura presentada e encabezada pola actual voceira do grupo municipal socialista, Victoria Morenza Doforno, que será a nova secretaria xeral.
Dende a Executiva Provincial do PSdeG-PSOE de Ourense explican que a nova executiva local “estará formada por un equipo que combina compromiso, experiencia e ilusión por fortalecer o proxecto socialista no municipio”. Xunto a Morenza Doforno, a responsabilidade da secretaría de organización recaerá en Ana Belén Peleteiro. Alejandro Destar Liste asumirá a secretaría de política municipal e acción electoral, mentres que Modesta Seara Selas será a secretaria de igualdade, sanidade e servizos sociais. Pola súa banda, Noemí Pintos Fondevila encargarase da área de deportes e mocidade; José Carlos Álvarez Iglesias será o secretario de novas tecnoloxías; e Isabel Calabria Díaz asumirá a secretaría de infraestruturas e servizos públicos.





As e os socialistas poñen de manifesto a “unidade” da militancia arredor deste proxecto político, impulsado co obxectivo de “reforzar o traballo do socialismo en Barbadás e seguir construíndo unha alternativa sólida, de calidade e concienciada en mellorar o futuro do municipio”.
A nova comisión executiva local comeza esta etapa coa mirada posta xa nas eleccións municipais de maio de 2027. As e os socialistas márcanse como meta “recuperar a alcaldía de Barbadás e impulsar un proxecto socialista centrado no progreso do municipio, traballando en positivo e poñendo sempre no centro os intereses e o benestar dos veciños e veciñas”.
Dende a Agrupación Socialista de Barbadás destacan que esta nova etapa supón “un paso adiante para fortalecer a organización e continuar construíndo un proxecto de futuro para Barbadás baseado na igualdade de oportunidades, na mellora dos servizos públicos e no desenvolvemento sostible do municipio”.

