O PSDEG-PSOE DE OURENSE REÚNESE COS SEUS CARGOS ORGÁNICOS NA COMARCA DE VERÍN PARA ESCOITAR INQUEDANZAS E SEGUIR CO TRABALLO DE CONFECCIÓN DAS CANDIDATURAS MUNICIPAIS PARA O 2027
No encontro estiveron presentes o secretario provincial, Álvaro Vila Araújo; o secretario de organización, Antonio González Fiuza; e a vicesecretaria xeral, Marina Vaz Quintillán. Participaron tamén representantes dos municipios de Verín, Vilardevós, Castrelo do Val, Laza ou Riós
Dende o PSdeG-PSOE de Ourense destacan que este encontro “foi moi produtivo, xa que nos permitiu coñecer de primeira man as inquedanzas das e dos socialistas dos diferentes municipios da comarca”
“A provincia de Ourense precisa con urxencia dun cambio real, dun proxecto que remate con décadas de desleixo e abandono, de políticas clientelares e da inacción do Partido Popular”, sinalan
“Temos un proxecto para esta comarca, temos o traballo e o exemplo dos alcaldes e alcaldesas socialistas que levan anos loitando para mellorar a calidade de vida da veciñanza dos seus municipios”, destacan
Verín, 12 de marzo de 2026. O PSdeG-PSOE de Ourense prosegue coa súa segunda rolda de reunións pola provincia, visitando cada comarca e analizando cos diferentes cargos orgánicos as necesidades e fortalezas na procura de conseguir as mellores candidaturas de cara as eleccións municipais do 2027. Nesta ocasión, representantes da Executiva Provincial mantiveron un encontro na comarca de Verín con responsables, voceiros e voceiras das diferentes agrupacións e grupos municipais socialistas.
No encontro estiveron presentes o secretario provincial, Álvaro Vila Araújo; o secretario de organización, Antonio González Fiuza; e a vicesecretaria xeral, Marina Vaz Quintillán. Participaron tamén representantes dos municipios de Verín, Vilardevós, Castrelo do Val, Laza ou Riós.




Dende o PSdeG-PSOE de Ourense destacan que este encontro “foi moi produtivo, xa que nos permitiu coñecer de primeira man as inquedanzas das e dos socialistas dos diferentes municipios da comarca”. As e os socialistas traballan dende fai meses na confección das “candidaturas máis potentes” de cara as municipais do ano 2027, co claro obxectivo de darlle á provincia “o cambio que tanto precisa”. Neste senso apuntan que “estamos levando a cabo un traballo exhaustivo, concello a concello e comarca a comarca para poder desenvolver o gran proxecto que temos artellado para a provincia e asemade contar cos mellores candidatos e candidatas en cada municipio”.
“A provincia de Ourense precisa con urxencia dun cambio real, dun proxecto que remate con décadas de desleixo e abandono, de políticas clientelares e da inacción do Partido Popular”, sinalan as e os socialistas, que subliñan que “este cambio só pode chegar da man do PSdeG-PSOE de Ourense, o partido que percorre o territorio, que escoita a cidadanía e que ten un proxecto de provincia”. Dende a Executiva Provincial poñen en valor o Plan Cooperou “que impulsamos na Deputación, a pesar das trabas do PP e no que ano tras ano logramos que se aumente o financiamento aos concellos” e fan fincapé en que “senón fora polas socialistas e os socialistas, a provincia seguiría illada no reparto a dedo de fondos públicos”.
No relativo a comarca de Verín, a Executiva Provincial ten bastante avanzada a confección das diferentes candidaturas municipais e afirman que o obxectivo “é mellorar os resultados do 2023, sumando máis votos, máis alcaldías e logrando a representación naqueles concellos nos que non se conta con concelleiros ou concelleiras socialistas”. O PSdeG-PSOE de Ourense traballa xa para apuntalar, consolidar e revalidar as alcaldías de Verín, Castrelo do Val, A Gudiña e Vilardevós e avanza tamén no aumento da representación municipal en concellos como Laza, Riós ou A Mezquita. Asemade tamén buscarán obter representación en Oímbra, Monterrei e Cualedro.
“Temos un proxecto para esta comarca, temos o traballo e o exemplo dos alcaldes e alcaldesas socialistas que levan anos loitando para mellorar a calidade de vida da veciñanza dos seus municipios”, destacan as e os socialistas. Asemade apuntan que na bisbarra “atopámonos cun PP en retroceso, moi nervioso, que opta polo desleixo e a inacción e que sabe que cada 4 anos se enfronta a unha perda de votos abismal, polo que estamos listos para asumir o liderazgo e desenvolver o noso proxecto concello a concello e en toda a bisbarra”.

