concellos Denuncias

O PSOE da Merca traslada a Valedora do Pobo o colapso democrático no concello

O PSDEG-PSOE DA MERCA TRASLADA Á VALEDORA DO POBO E AO PARLAMENTO DE GALICIA O “COLAPSO” DEMOCRÁTICO” QUE SE VIVE NO MUNICIPIO

Tralos graves incidentes ocorridos no último pleno municipal, marcado por insultos e ameazas por parte do equipo de goberno, o grupo municipal socialista, a través do seu voceiro, Carlos Sousa, anuncia unha “ofensiva legal e institucional para restaurar o orde e a transparencia no municipio”

Segundo explica o voceiro, Carlos Sousa, “os berros e a agresividade verbal vividos no pleno non son feitos illados, senón un síntoma da incapacidade da vella garda para xestionar ante unha oposición fiscalizadora e moderna”

“Esta queixa é o primeiro paso porque xa temos outros pasos preparados para garantir que o concello deixe de ser un coto privado e pase a ser de tódolos veciños e as veciñas da Merca”, afirma

A Merca, 16 de marzo de 2026. O PSdeG-PSOE da Merca traslada á Valedora do Poboa e ao Parlamento de Galicia o “colapso democrático” que se vive no municipio. Tralos graves incidentes ocorridos no último pleno municipal, marcado por insultos e ameazas por parte do equipo de goberno, o grupo municipal socialista, a través do seu voceiro, Carlos Sousa, anuncia unha “ofensiva legal e institucional para restaurar o orde e a transparencia no municipio”.

A formación socialista vén de formalizar unha queixa ante a Valedora do Pobo e solicitará aos deputados no Parlamento de Galicia que realicen un seguimento ao que acontece no municipio. Segundo explica o voceiro do PSdeG-PSOE, Carlos Sousa, “os berros e a agresividade verbal vividos no pleno non son feitos illados, senón un síntoma da incapacidade da vella garda para xestionar ante unha oposición fiscalizadora e moderna”.

Pánico ante a transparencia

Dende o grupo municipal socialista analizan a reacción do goberno municipal como un “fenómeno de pánico institucional”. En palabras do voceiro socialista, Carlos Sousa, “o centro do medo do goberno municipal está en alerta total”, xa que tal e como apunta “nunca se enfrontaron a unha xestión da oposición baseada en datos e leis, e ante a súa falta de argumentos, recorreron ao insulto e á ameaza”. Unha situación que tal e como explica “é a resposta instintiva a quen ve perigar un sistema de control de décadas”.

Lei fronte aos berros

Dende o PSOE da Merca subliña que fronte ao “bochornoso” espectáculo do último pleno, as e os socialistas apostan pola vía das institucións. “Namentres eles perden os papeis, nós movémolos, A nosa resposta á agresión é máis xestión e máis legalidade”. “Esta queixa é o primeiro paso porque xa temos outros pasos preparados para garantir que o concello deixe de ser un coto privado e pase a ser de tódolos veciños e as veciñas da Merca”, afirma Sousa.

O PSdeG-PSOE da Merca subliña que non entrará en descualificacións persoais, mantendo o seu compromiso cunha política de altura que contraste coa “inercia ao inmobilismo” dos actuais xestores da Merca.