EXECUTIVA LOCAL DE OURENSE

SECRETARIA XERAL
NATALIA GONZÁLEZ BENÉITEZ

Mestra, especialidade de inglés, e posgrado en Comunicación e Liderado Político. Militante do PSdeG-PSOE de Ourense desde fai 20 anos ocupando diferentes cargos orgánicos e de asesoría política. Concelleira e voceira go grupo municipal socialista do Concello e secretaria de Política Social e Maiores e Dependencia na Comisión Executiva Nacional Galega do PSdeG. Nai, feminista e republicana.

VICESECRETARIO XERAL
XURXO DOVAL BLANCO

Graduado en Economía pola Universidade de Santiago de Compostela e, actualmente, estudante de doctorado na mesma institución. Secretario xeral das Xuventudes Socialistas de Galicia e exsecretario xeral da organización moza na cidade de Ourense.

SECRETARÍA DE ORGANIZACIÓN E ADMINISTRACIÓN
JOSÉ RAMÓN FERNÁNDEZ MORGADE

Diplomado en Contabilidade e Dereito Tributario. Director Financieiro. Presidente do Círculo Poético Ourensán. Responsable galego da Rede Mundial de Escritores en Español (REMES). Exsecretario da Executiva Municipal e membro do Comité Nacional e Comité Provincial.

SECRETARÍA DE IGUALDADE
MARGA MARTÍN RODRÍGUEZ

Licenciada en Psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela. Exconcelleira de Benestar Social no Concello de Ourense dende 2007 ata 2012. Actualmente, deputada no Congreso do PSdeG-PSOE pola provincia de Ourense.

SECRETARÍA DE ACCIÓN ELECTORAL E PORTAVOCÍA
MARÍA FERNÁNDEZ OJEA

Licenciada en Dereito e Publicidade e Relacións Públicas. Secretaria- interventora. Edil no Concello de Ourense dende 2023 e secretaria de Función Pública e Xustiza na Comisión Executiva Nacional Galega do PSdeG-PSOE.

SECRETARÍA DE POLÍTICA MUNICIPAL
ERIKA CONDE VÁZQUEZ

Graduada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo. Profesora de comunicación da UDC. Xestión da comunicación do grupo municipal socialista en 2019. Integrante do Comité Nacional.

SECRETARÍA DE MOBILIZACIÓN E CASA DO POBO
ROSA MARTÍNEZ RODRÍGUEZ

Licenciada en Bioloxía. Traballou na empresa privada e na Administración pública (na Xunta de Galicia e no Concello de Ourense). Ocupou diversos cargos organicos no PSdeG-PSOE e foi edil do Concello de Ourense no mandato 2019-2023. Integrante do Comité Provincial.

SECRETARÍA DE POLÍTICA SOCIAL
BIBIANA PAZ PEREIRA

Licenciada en Dereito. Traballadora da Administración municipal con ampla práctica nos servizos de Servizos Sociais. Militante das Xuventudes Socialistas dende a maioría de idade e do PSdeG durante anos.

SECRETARÍA DE SANIDADE
AMELIA RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ

Auxiliar Administrativo de profesión e militante do PSdeG-PSOE de Ourense dende hai 35 anos.

SECRETARÍA DE ECONOMÍA E FACENDA
ANTONIO PARADELA BLANCO

Recén xubilado, desenvolveu a súa traxectoria profesional como funcionario no Concello de Ourense dende 1981 no servizo de augas, no servizo de enxeñaría, na área de facenda e como inspector auxiliar de rendas e exaccións.

SECRETARÍA DE ORDENACIÓN DO TERRITORIO E VIVENDA
ALBA IGLESIAS GARCÍA

Licenciada en Dereito pola Universidade de A Coruña. Edil no Concello de Ourense dende 2023 e exsecretaria xeral das Xuventudes Socialistas de Ourense. “Defensora dun urbanismo máis humano e sostible, e da política valente e con coraxe”.

SECRETARÍA DE TERMALISMO E TURISMO
FEDERICO PÉREZ MATO

Licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago de Compostela. Psicólogo e urbanista.

SECRETARÍA DE MEDIO AMBIENTE
CELSO NÓVOA GONZÁLEZ

Bombeiro, condutor de profesión, con 22 anos de servizo no Concello de Ourense. Estudos medios de Electrónica Industrial e graduado en Ciencias Xurídicas das Administracións Públicas.

SECRETARÍA DE TRANSPORTE E MOBILIDADE SOSTIBLE
BAUTISTA RODRIGUEZ GARCÍA

Graduado en Dereito, Criminoloxía e Ciencias Policiais. Funcionario da administración dende fai 25 anos. Delegado sindical no Concello de Ourense por un sindicato independente. Entende a política municipal como ferramenta para mellorar a vida das persoas sen barreiras.

SECRETARÍA DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ
ROSA RODRIGUEZ TEJERA

Graduada en Dereito Tributario e Asesoría Fiscal. Asesora Laboral e da Seguridade Social. Actualmente, xubilada.

SECRETARÍA DE EDUCACIÓN
SIRA YEBRA GONZÁLEZ

Enxeñeira Industrial pola Universidade de Vigo. Actualmente profesora de FP. Tras anos de militancia, súmase á CEM para “tentar mellorar Ourense e a vida da súa xente”.

SECRETARÍA DE CULTURA E LINGUA
MANUEL FREIRE CID

Diplomado en Ciencias Humanas pola Escola Universitaria de Formación do Profesorado. Animador sociocultural e director de actividades de tempo libre pola Consellería de Familia, Muller e Xuventude. Traballador do departamento de Cultura do Concello de Ourense e membro da Asociación Galega de Xestores Culturais. Actualmente desenvolve o seu labor como funcionario no Auditorio Municipal. A súa maior afección son as artes escénicas e musicais.

SECRETARÍA DE FORMACIÓN
MARÍA TERESA ANSIAS BACELAR

Licenciada en Filosofía e Ciencias da Educación. A súa vida profesional transcorreu na Formación para o Emprego, tanto dende a xestión como dende a impartición de diferentes cursos e Certificados de Profesionalidade. Militante do PSdeG-PSOE dende fai mais de trinta anos, formou parte de varias executivas da Agrupación Local.

SECRETARÍA DE COMUNICACIÓN E REDES
EDITH FILGUEIRA RODRÍGUEZ

Licenciada en Periodismo pola Universidade Complutense de Madrid. Mestrado en Periodismo Internacional pola UNED e a Axencia EFE. Traballou en diferentes medios de información como La Voz de Galicia, o Faro de Vigo e a Axencia EFE.

SECRETARÍA LGBTI
BRYAN JOSUÉ ÁLVAREZ LACAYO

EEstudante de Dereito, activista político pola democracia en Cuba, Nicaragua e Venezuela, así como en materia de estranxeiría en España en colaboración con Amnistía Internacional; secretario de Igualdade das Xuventudes Socialistas de Ourense e membro do claustro universitario da Universidade de Vigo.

SECRETARÍA DE DEPORTE
BORJA LÓPEZ TRIGÁS

Graduado en Maxisterio. Edil do grupo municipal socialista entre 2019 e 2023 na área de deportes. Formou parte de diferentes clubs deportivos da cidade durante os últimos anos. Membro do Comité Provincial.

SECRETARÍA DE EMPREGO E ACCIÓN SINDICAL
JOSÉ ÁNGEL CARREIRA MARTÍN


Funcionario da Administración dende 1988. Secretario Territorial de UGT Servizos Públicos de Ourense, Valdeorras y Verín y miembro del Comité Territorial de UGT Servizos Públicos de Galicia. Firme defensor duns servizos públicos de calidade.

SECRETARÍA DE COMERCIO, INDUSTRIA E AUTÓNOMOS
RUBÉN AMORÍN DÍAZ

Empresario autónomo. Profesional da comunicación, marketing e asesoramento de empresas. Comprometido coa participación cidadá, formando parte da directiva de varias asociacións e colectivos na cidade de Ourense.

SECRETARÍA ADXUNTA DE POLÍTICA SOCIAL E IGUALDADE
AINOA RODRÍGUEZ ÁLVAREZ

Estudante de Ciencias Políticas e da Administración. «Comprometida co cambio e a loita en igualdade para que todas poidamos vivir sen límites, en liberdade».

SECRETARÍA ADXUNTA MEDIO AMBIENTE, TRANSPORTE E MOBILIDADE
JUAN ANTONIO REY PÉREZ

Militante. «Con ilusión, lealdade e cun modelo aberto de partido, podemos recobrar a confianza de moitas persoas e un proxecto de futuro para esta cidade. É unha honra formar parte deste equipazo, camaradas».

SECRETARÍA ADXUNTA EDUCACIÓN E FORMACIÓN
ANTONIO BLANCO RODRÍGUEZ

Profesor xubilado. Sindicalista, secretario de política institucional da comarca de Ourense, Verín e o Barco pola UGT.

SECRETARÍA ADXUNTA DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ
JOSÉ LUIS REGAL LAMELO

Sindicalista da UGT prejubilado. Membro do comité de empresa de Galfor e representante socialista en varias executivas locais.