INFRAESTRUCTURAS

Fomento marxina a Ourense ó non licitar obras do AVE no segundo trimestre de 2017

O PSDEG-PSOE DENUNCIA QUE O ADIF VOLVE ATRASAR OBRAS DO AVE EN TABOADELA INCUMPRINDO OS SEUS PROPIOS PRAZOS ANUNCIADOS NO DIARIO OFICIAL DA UNIÓN EUROPEA                                                                          

Os socialistas sospeitan que a elevada inversión “provisional” para adaptar o trazado (80 millóns) Taboadela-Ourense pode acabar sendo definitiva ó igual que foi definitiva a vía única inaugurada por Franco

Cargan contra os recortes e atrasos do PP dende que chegou á Moncloa e reclaman a inmediata licitación dos novos 17 kilómetros entre Taboadela e Ourense e a instalación de dobre vía en toda a liña

Ourense, 5 de xullo de 2017. O PSdeG-PSOE denuncia que o Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif) volve a marxinar a Ourense ó adiar novamente obras do tren de alta velocidade (TAV) en Taboadela, incumprindo os prazos anunciados pola propia entidade pública, agora controlada polo PP. E que, concluído o segundo trimestre de 2017, o ramal de conexión entre a nova liña de alta velocidade e a liña convencional non foi licitado, tal e como detallaba o Adif nun anuncio do Diario Oficial da Unión Europea do 14 de abril.

licitacion_doue

Segundo aquel anuncio, o inicio do procedemento para a licitación debería ter sido durante o segundo semestre do ano, para proceder a súa adxudicación este terceiro trimestre. As obras comezarían no último trimestre do ano 2017, rematando un ano despois, xusto a tempo para poder facer as obrigatorias probas técnicas e poder cumprir así a promesa política de que o primeiro tren AVE chegue a Ourense en 2019. Este ramal custará 7,1 millóns de euros (IVE incluído) e permitirá ós trens de alta velocidade –que na actualidade unicamente poden circular por vías de ancho estándar– chegar a estación de Ourense polo vello tramo convencional, que vai ser electrificado, protexido e adaptado ó ancho estándar cunha inversión que supera os 80 millóns de euros. “Parecen moitos cartos para ser algo provisional”, advirten os socialistas.

Os socialistas critican novamente o “desleixo do Ministerio de Fomento coas infraestruturas de Ourense, inmersas nun carrusel de recortes e rebaixas dende a chegada do PP á Moncloa”. O PSdeG-PSOE recorda que “todo o novo tramo de alta velocidade proxectado entre Taboadela e Ourense conta con aprobación medioambiental favorable e, polo tanto, as obras destes importantes 17 kilómetros de TAV poden ser licitadas e adxudicadas de inmediato”. Sen embargo o PP, nos orzamentos, adía a licitación, como mínimo, ata 2019.

Evitar repetir erros

 

 

Estes días estanse a cumprir 60 anos da inauguración da liña de ferrocarril convencional entre Puebla de Sanabria (Zamora) e Ourense-Empalme, o que supuxo unha gran revolución ó acurtar considerablemente os tempos de viaxe a Galicia. Por aquel entón, este vello e complexo trazado foi construído para acoller dobre vía en todo o seu percorrido –túneles e viadutos incluídos– mais, finalmente, foi inaugurado polo ditador, Francisco Franco, “provisionalmente” cunha única vía. E así quedou per secula seculorum. “O PP parece querer repetir os mesmos erros do pasado ó deixar importantes obras a medias que comezan sendo provisionais pero que acaban sendo definitivas”, denuncian os socialistas ó mesmo tempo que, para evitar repetir estes erros, reclaman un “compromiso por escrito que recolla a inmediata licitación dos novos 17 kilómetros entre Taboadela e Ourense e a instalación de dobre vía en toda a liña de alta velocidade entre Ourense e Medina del Campo (Valladolid)”.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s