ESPAZO RURAL

A catástrofe dos viñedos provocada polas xeadas chegará ó Parlamento

OS SOCIALISTAS LEVAN Ó PARLAMENTO INICIATIVAS PARA PALIAR A CATÁSTROFE ECONÓMICA E MEDIOAMBIENTAL PROVOCADADA POLAS XEADAS NOS VIÑEDOS DE GALICIA

Xoaquín Fernández Leiceaga, portavoz parlamentario, asegurou que se debe “aproveitar un acontecemento natural negativo para mellorar a protección dos produtores”.

O deputado e secretario provincial do PSOE, Raúl Fernández e o voceiro provincial, Francisco Fraga, tamén participaron nos encontros co alcalde, Unións Agrarias e o Consello Regulador da DO Monterrei

Verín, 11 de maio de 2017. O PSdeG-PSOE levará ó Parlamento de Galicia unha batería de iniciativas para que a Xunta traballe xunto cos consellos reguladores e ofreza unha solución de conxunto para paliar a catástrofe económica e medioambiental provocada polas xeadas do pasado mes de abril nos viñedos de Galicia e, especialmente, nos da provincia de Ourense onde nalguna denominación de orixe a desfeita acadou o 90% da producción. O portavoz na cámara galega, Xoaquín Fernández Leiceaga, explicou durante unha visita a Verín, que van reclamarlle á Xunta que utilice as axudas previstas para deseñar un plan de futuro conxuntamente co Consello Regulador, agricultores e adegas. O portavoz dixo que hai que “gañar o futuro” e, para iso, hai que “aproveitar un acontecemento natural negativo para mellorar a protección dos produtores”.

O alcalde de Verín, Gerardo Seoane, aseverou que hai que “salvar á denominación con honor, non só no nome” con medidas específicas e non unicamente con axudas económicas. O mesmo tempo denunciou que as medidas da Xunta “no servirán para incidir problema real de salvar á DO”.

Na visita tamén participaron o deputado por Ourense e secretario provincial do PSOE, Raúl Fernández, e o voceiro provincial, Francisco Fraga. Durante a visita mantiveron encontros co rexedor de Verín; co secretario comarcal de Unións Agrarias, José Ramón González, e con resposables do Consello Regulador da denominación de orixe Monterrei. Unións Agrarias estudou minuciosamente a desfeita e calcula uns danos duns 72 millóns en catro das cinco denominacións de orixe de Galicia, sen esquecer que, a esta cifra, hai que engadir os cartos precisos para recuperar as vides de cara ás vindeiras produccións. Monterrei foi a denominación máis afectada en relación á súa produción total, cunha incidencia que supera o 90% colleita de uva.

Deja un comentario