ESPAZO RURAL INICIATIVAS

A Deputación debe romper relacións con Abanca se segue a pechar oficinas

A ENTIDADE ESTÁ A APLICAR UNHA ESTRATEXIA BASEADA NO PECHE TOTAL OU PARCIAL DE OFICINAS RURAIS DA PROVINCIA O QUE PROVOCOU UNHA IMPORTANTE MOBILIZACIÓN CIDADÁ

O PSdeG-PSOE quere que a Deputación de Ourense rompa relacións con Abanca, se a entidade financeira mantén o carrusel de peches de oficinas no rural da provincia. Nunha moción que se debaterá no pleno provincial de maio, os socialistas propoñen “considerar os seus acordos de colaboración con esta entidade así coma os contratos económicos asinados, no caso de que se materialice algún peche de oficina bancaria nalgún dos concellos ourensáns, en aras de manter a función social coa que naceu a entidade”.

A entidade leva tempo querendo pechar varias oficinas na provincia o que provocou unha importante mobilización cidadá. Antes de ser un banco privado, Abanca tivo a súa orixe na fusión de varias caixas de aforro ligadas ás institucións públicas e cun obrigado carácter social. E, por iso, resulta imprescindible un posicionamento sólido, unánime e contundente da Deputación ante as accións dunha entidade que leva meses artellando unha estratexia para recortar servizos atacando ó rural.

A deputada, Isabel Gil, explicou a respecto da emenda de substitución do Partido Popular que a Deputación ten a obriga de defender os intereses dunha provincia eminentemente rural. É inexplicable que se lle estea negando un servizo tan básico para os habitantes do rural ourensán, que impide o emprendemento e o asentamento, polo que están fomentando o abandono dos núcleos e aldeas. Mentres, dende a entidade, só chaman á porta do público cando teñen que salvar o seu negocio, sen valorar o factor de oportunidade que supoñen os activos desas localidades.

A pesares da importancia que supón para esta provincia, a moción foi rexeitada polo Partido Popular, propondo a súa propia emenda que desvirtuaba, por completo, o sentido da moción. Por isto, a deputada socialista, Isabel Gil, concluíu que “baixo ningún concepto podemos aceptar que se instalen os medios telemáticos que piden implantar ou por a disposición oficinas móbiles porque serían substitutivos das oficinas presenciais que é o que aquí vimos defender. Vimos defender que se manteña o servizo de proximidade porque supón unha aposta de futuro. A súa emenda é igual ás propostas dos directivos de Abanca cando negociamos en Ramirás para frear o peche. Vostedes veñen aquí defender os intereses dunha entidade privada”.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s