FONDOS PÚBLICOS PREGUNTAS

Queremos saber como se firmou a compra do arquivo histórico de ‘La Región’

O PSDEG-PSOE SOLICITA Ó EXPEDIENTE DO ACORDO ASINADO ENTRE A DEPUTACIÓN DE OURENSE E ‘LA REGIÓN’ PARA ANALIZAR O PROCEDEMENTO E A VALORACIÓN DOS FONDOS

O PSDEG-PSOE SOLICITA Ó EXPEDIENTE DO ACORDO ASINADO ENTRE A DEPUTACIÓN DE OURENSE E ‘LA REGIÓN’ PARA ANALIZAR O PROCEDEMENTO E A VALORACIÓN DOS FONDOS


Os socialistas, que comprenden a importancia histórica do arquivo, denuncian o escuro procedemento empregado para asinar un acordo desta magnitude, marxinando á oposición

“A Deputación, que alardea de ser a mais transparente do universo, agochou o acordo ata que a Baltar, o campión da transparencia, non lle quedou mais remedio que sair á palestra”, critica Francisco Fraga

Ourense, 30 de maio de 2017. O PSdeG-PSOE solicitou esta mañá toda a documentación do acordo asinado entre a Deputación de Ourense e o grupo de medios ‘La Región’, para comprar o seu arquivo histórico por 2,7 millóns de euros. Os socialistas comprenden a importancia destes fondos, que recollen a historia da provincia durante o último século e que tamén inclúe achegas de importantes literatos galegos mais coidan necesario analizar a taxación realizada e o estraño procedemento empregado para formalizar a operación.

O PSdeG-PSOE denuncia a sombría artimaña artellada polo PP para asinar este acordo, agochando o destino da partida orzamentaria e negándose a repostar ás preguntas sobre o destino deses fondos para “proxectos culturais complexos” que os socialistas plantexaron en privado e, tamén, en comisión.

O portavoz provincial, Francisco Fraga, asegura que “é unha cifra moi elevada e por iso queremos estudar polo miúdo a taxación dos fondos e a negociación seguida para asinar o convenio con tantas implicacións”. “A Deputación, que alardea de ser a mais transparente do universo, agochou o acordo ata que Democracia Ourensana destapou a sinatura e a Baltar, o campión da transparencia, non lle quedou mais remedio que sair á palestra”, critica. Fraga recorda que unha das principais funcións da Deputación é axudar ós concellos que, falando precisamente deste asunto, teñen os seus arquivos en moi mal estado polo que deberían recibir de inmediato un trato similar.

Na solicitude presentada no rexistro, o portavoz socialista explica que tendo coñecemento, a través dos medios de comunicación, da sinatura dun convenio para a adquisición por parte da Deputación Provincial do arquivo do grupo ‘La Región’, solicito acceso ó expediente completo de devandito convenio.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s