OS SOCIALISTAS APOIAN ÓS TRABALLADORES E TRABALLADORAS DO HOSPITAL UNIVERSITARIO DE OURENSE PECHADOS EN CONTRA DOS SALVAXES RECORTES DO PP NA SANIDADE PÚBLICA
O portavoz provincial, Francisco, Fraga visitou o centro xunto co secretario xeral do PSdeG-PSOE e o secretario provincial para denunciar os recortes que os conservadores queren aplicar na terceira cidade Galicia
Ourense, 22 de xaneiro de 2018. Os socialistas volveron apoiar hoxe ós traballadores e traballadoras do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) que permanecen pechados indefinidamente, en protesta polos recortes e ata que os reciba o conselleiro de Sanidade. Os traballadores recolleron en cinco días máis de 10.000 sinaturas contra a política sanitaria dos conservadores do PP. O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero visitou o Hospital Universitario da terceira cidade de Galicia acompañado polo portavoz provincial socialista, Francisco Fraga, e outros cargos públicos e orgánicos da provincia.
Fraga asegura que «é unha vergonza que seis días despois, os traballadores e traballadoras aínda non teñan noticia algunha dos responsables da Consellería de Sanidade», o que un «síntoma inequívoco de que o PP non ten intención algunha de porlle o freo a súa apisonadora dos recortes». «É inadmisible que se venda un hospital como o máis moderno e o de futuro, pero o primeiro que fan é recortar fondos para persoal e para dotacións», denuncia o portavoz.
Pola súa banda, o líder dos socialistas galegos, Gonzalo Caballero, defendeu unha sanidade pública “de calidade e de proximidade” e criticou que o presidente da Xunta non aproveite a súa visita de hoxe ao Mosteiro de Oseira, na provincia ourensana, para “reunirse inmediatamente” co persoal deste hospital. “Hoxe ten unha oportunidade magnífica para rectificar as súas políticas”, selou, antes de requerirlle que non dea as costas aos afectados polas súas medidas.