INFRAESTRUCTURAS INICIATIVAS

O PSdeG-PSOE propón que o parque acuático de Ourense se ubique xunto ó complexo deportivo de Monterrei

OS SOCIALISTAS COMPARTEN O PROXECTO DE CONSTRUCIÓN DUN PARQUE ACUÁTICO NA CONTORNA DA TERCEIRA CIDADE DE GALICIA, PERO DEFENDEN MONTERREI COMO A MELLOR UBICACIÓN

O PSdeG-PSOE insta á Xunta de Galicia e a Deputación de Ourense a cumprir o compromiso electoral anunciado a bombo e platillo por Manuel Baltar e Alberto Núñez Feijóo no ano 2016

O deputado, Adolfo González, criticou a falta de orzamento e concreción da proposta do PP, e os vaivenes da proposta de Democracia Ourensana (DO), que segue en aclarar unha ubicación concreta

Ourense, 27 de xullo de 2018 . O PSdeG-PSOE presentou na Deputación de Ourense, unha emenda de substitución á proposta de DO sobre a construción dun parque acuático na contorna da terceira cidade de Galicia. Nesa emenda manifestan o seu acordo con este proxecto, mais cren que a ubicación idónea sería a contorna do complexo deportivo de Monterrei (Pereiro de Aguiar), na área metropolitana de Ourense, unhas instalacións que xa son de titularidade pública autonómica, unha cuestión que facilitaría moito a materialización da idea nunha realidade. Os socialistas instan á Xunta de Galicia a cumprir o compromiso electoral anunciado a bombo e platillo por Manuel Baltar e Alberto Núñez Feijóo no ano 2016, e tamén aclaran que, no caso de que a superficie do complexo de Monterrei sexa insuficiente (100.000 m2), se adquiran os terreos sen urbanizar situados ó norte do complexo de Monterrei ubicados ó carón da estrada OU-537 (uns 400.000 m2), suficientes para desenvolver o proxecto.

Adolfo González no pleno
Adolfo González durante o pleno

O deputado, Adolfo González, criticou a falta de orzamento e concreción da proposta do PP, e os vaivenes da proposta de Democracia Ourensana (DO), que segue en aclarar unha ubicación concreta para o parque acuático. Así, o socialista salientou que  estamos a falar dun “proxecto de carácter provincial” polo que “a súa ubicación na contorna da cidade de Ourense é adecuada posto que servirá a toda Galicia, pero non ten por que ser necesariamente en territorio da cidade”. “A ubicación en Monterrei parece adecuada porque o clima é similar ó da cidade: porque está a 10 minutos do centro da capital; porque hai espazo suficiente con 400.000 m2 libres ó carón mesmo do complexo de Monterrei, metros suficientes para levantar o proxecto e tamén para a necesaria construción dun gran aparcadoiro; e porque non debemos esquecer que é fundamental ofrecer espazo suficiente para aparcar e transporte público adecuado”, salientou.