OS SOCIALISTAS DE OURENSE REÚNEN 10 INICIATIVAS PARA DINAMIZAR OS SECTORES EMPRESARIAL, AGROGANDEIRO E TURÍSTICO DUNHA PROVINCIA SOMETIDA ÁS FÁBULAS DE BALTAR
Francisco Fraga destaca a «aposta continuada dos socialistas durante estes anos para rescatar á provincia dos anuncios propagandísticos e das fábulas persoais de Baltar»
«A deputación provincial debe facer da súa palabra a súa obra» esixe o PSdeG-PSOE antes de recordar o papel clave dos sectores agrogandeiro, industrial e turístico-termal no futuro de Ourense
Ourense, 5 de novembro de 2018. O PSdeG-PSOE impulsará a aprobación dunha decena de iniciativas durante o debate do estado da provincia, que se celebra este martes, centradas na dinamización dos sectores empresarial, turístico e agrogandeiro, co fin de evitar que Ourense continúe sometida ás fábulas e fantasías de Baltar. O portavoz, Francisco Fraga, destaca a “aposta dos socialistas durante estes anos por rescatar á provincia dos anuncios propagandísticos sen contido real, e das fábulas e fantasías persoais de Baltar que só o benefician a el mesmo, mentres Ourense esmorece nun buraco negro demográfico e empresarial”. “O fume electoral de Baltar está a afogar á provincia”, denuncian.
Os socialistas destacan que “é fundamental traballar a reo e sen descanso con iniciativas e proxectos realmente eficientes, porque estamos ante unha situación pésima e case irreversible” e, para iso, recordan o papel clave que a Deputación debería exercer como organismo dinamizador de todo o territorio. “No lugar dunha deputación útil, en Ourense temos unha institución secuestrada polas fábulas do seu presidente logo de ser herdada grazas ós enchufes do seu pai”. “A deputación debe facer da súa palabra a súa obra”, esixen desde o PSdeG-PSOE ourensán antes de recordar o papel clave que deben exercer os sectores agrogandeiro, industrial e turístico-termal.
As propostas rexistradas son:
Proposta nº 1.- ECONOMÍA, EMPREGO E SECTORES PRODUTIVOS
Deseñar, coordinadamente con outras administracións e co sector privado, a implantació n na provincia dun parque empresarial exclusivamente vinculado ó sector agroalimentario.
Proposta nº 2.- SECTOR VITIVINÍCOLA
Implementar, a través dos consellos reguladores das catro denominacións de orixe da provincia, un portal de comercialización do sector con plan de marketing e comunicación online así como poñer en marcha, en colaboración cos propios consellos, unha feira/exposición anual do viño da nosa provincia.
Proposta nº 3.- CALIDADE DOS SERVIZOS PÚBLICOS LOCAIS
Avaliar mediante as enquisas correspondentes os servizos públicos prestados polos entes locais da provincia de Ourense, afondando na transparencia da xestión e na mellora permanente.
Proposta nº 4.- CULTURA, DEPORTES E TURISMO
Elaborar unha estratexia turística provincial enfocada ós peregrinos, con vistas ó Xacobeo 2021, coa posta en valor dos camiños de Santiago que transcorren pola nosa provincia, así como a Vía Nova ou Vía XVIII do itinerario Antonino que atravesa en diagonal a provincia de Ourense, de suroeste a nordés, desde a fronteira con Portugal en Portela do Home (Lobios) ata a serra de Enciña da Lastra (Rubiá).
Proposta nº 5.- TERMALISMO
Crear a Rede Provincial de Concellos Termais, que abranga a todos os concellos conaugas termais, con independencia do tipo de aproveitamento que se dea a estas e queafonde no desenvolvemento do potencial termal da provincia máis aló da súa asociación coa área de benestar social. Co obxectivo de garantir a participación efectiva na toma dedecisións dos concellos con potencialidades termais e promover o equilibrio territorial,a deputación reforzará a asistencia e cooperación coas entidades locais a través do traballo en rede na área do termalismo. Esta rede, entre os seus primeiros cometidos,establecerá, tendo en conta as recomendacións dos colexios profesionais da saúde, un sistema integral de información terapéutica das principais augas mineromedicinais.
Proposta nº 6.- MEDIO RURAL
Axudar e asesorar ás comunidades propietarias de montes veciñais en man común para a legalización da súa xestión no correspondente a estatutos, elección de xuntas reitoras econsulta das axudas públicas e posta en marcha de proxectos que xeren riqueza eemprego no rural.
Proposta nº 7.- TRANSPARENCIA
Crear, na páxina web da Deputación Provincial de Ourense, un espazo denominadoInformación Económica, no que figure o estado de execución do orzamento (ingresos e gastos) e, en especial, que se publiquen os gastos realizados de xeito que figure:provedor, descrición do gasto e importe da factura aboada.
Proposta nº 8.- DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO E SECTORES PRODUTIVOS
Facer un estudo da implantación da “marca Ourense” de calidade na produción agroalimentaria, tendo en conta as denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas coas que contamos no territorio provincial.
Proposta nº 9.- ADMINISTRACIÓN LOCAL
Crear unha comisión, coa participación de expertos no eido da administración local, queelabore un documento coas propostas para a reforma da lexislación de réxime local, tanto autonómica como estatal. Propostas que aborden inescusablemente as competencias locais e un financiamento suficiente que teña en conta a dispersión poboacional dos concellos da provincia que encarece a prestación dos servizos sociais.
Proposta nº 10.- DINAMIZACIÓN ECONÓMICA E EMPRESARIAL
Estudar, con outras administracións públicas, a posibilidade de promover a constitución da Zona Franca de Ourense, tendo en conta ao solo industrial-comercial que se concentra na área onde se atopan o Polígono de San Cibrao das Viñas, a Tecnópole, o Polígono de Barreiros, a Cidade do Transporte e os parques empresariais do Pereiro deAguiar, Paderne de Allariz e Taboadela, gañando en capacidade autónoma e decisoria empresarial así como en competitividade.

