INFRAESTRUCTURAS INICIATIVAS

O PP bloquea o ecoparque en Cachamuíña co que xa se comprometera en 2009

O PSDEG-PSOE DENUNCIA QUE O PP BLOQUEA A CONSTRUCIÓN DUN ECOPARQUE NO ENCORNO DE CACHAMUÍÑA A PESAR DE VOTAR A FAVOR DESTE PROXECTO EN 2009

Os socialistas presentaron unha emenda de substitución á moción de Democracia Ourensana que reclama a eliminación deste premio, xa que consideran máis axeitado suprimir a súa dotación orzamentaria

 Ourense, 26 de outubro de 2018. Unha emenda do PP, aprobada unicamente coa maioría dos conservadores, apropiouse descaradamente da iniciativa socialista para construír un ecoparque no encoro de Cachamuíña (Pereiro de Aguiar) co único fin de establecer trabas ó proxecto. O PSdeG-PSOE reclamaba na súa moción que a Deputación redacte e financie, mediante recursos propios ou procurando fondos vía convenios e subvencións, o proxecto de acondicionamento deste ecoparque, incluíndo un auditorio ó aire libre ou un carril bici perimetral, nunha superficie dunhas 40 hectáreas e cun investimento aproximado de dous millóns de euros. A iniciativa inclúe unha quincena de propostas para revalorizar e mellorar os servizos e o medio natural dun dos espazos de esparexemento máis senlleiros da área metropolitana da terceira cidade de Galicia. Tamén se propón unha senda no curso do río Loña entre Ourense e Cachamuíña.

A viceportavoz, Susana Rodríguez, recordou que o PP xa votou a favor deste mesmo proxecto no pleno de Pereiro no ano 2009, antes de denunciar que o único que pretenden agora os populares da Deputación é “poñer trabas para evitar que o proxecto se materialice”, a pesar de que “xa se comprometeron en Pereiro a facer o traballo necesario para materializar este proxecto pero nada fixo unha década despois”. Tamén destacou que a Deputación ten entre as súas competencias de obrigado cumprimento a xestión e conservación da contorna do encoro de Cachamuíña, segundo un convenio asinado coa Confederación Hidrográfica. “Tampouco poden escusar este bloqueo e parálise en que é competencia da Confederación, posto que o propio presidente Baltar impulsou unha piscina no Miño en Laias”, recordou Rodríguez.

“A Deputación Provincial ten entre as súas misións primordiais a cooperación cos municipios máis pequenos sen recursos co fin de executar investimentos, e por iso debe cooperar e impulsar este ecoparque que sería un importante revulsivo para Pereiro, Nogueira e toda a contorna rural da cidade”, salientou a viceportavoz ante os intentos do portavoz popular de desviar a atención.

Proyecto_ecoparque_Cachamuina