Concello de Ourense Denuncias

Os socialistas de Ourense denuncian o «caos» e a «saturación» do tráfico na rúa Concejo

Os socialistas recollen as queixas veciñais que denuncian os problemas de acceso aos garaxes e o estacionamento de ambulancias con doentes ao PAC debido á saturación de tráfico da rúa

Os socialistas instan á Concelleira de Seguridade cidadá, María Dibuja, a que aumenten os axentes na zona para regularizar o tráfico na zona


Ourense, 9 de Marzo de 2020. O PSdeG-PSOE de Ourense denuncia a “saturación” e o “caos” de tráfico ocasionado na Rúa Concello. Un problema que se ve agravado pola peonalización “improvisada” por Jácome, da rúa Concordia que aumentou a afluencia de vehículos mal estacionados nesa rúa. Os socialistas recollen as queixas dos veciños da zona quenes xa denunciaron en reiteradas ocasións e puxeron en coñecemento do Concello a problemática existente sen que obtivese ningún tipo de resposta ao respecto.


Entre as proclamas dos veciños recollen que a saturación do tráfico da rúa Concejo vese “agravada” polo colapso de vehículos mal estacionados que “impiden” o acceso das ambulancias con doentes que chegan ao Punto de Atención Continuada e ás consultas do centro de especialidades; así como, o acceso da veciñanza aos garaxes da zona, aseguran dende o seo socialista.


Dende o grupo municipal socialistas denuncian a “nefasta” coordinación e planificación do tráfico rodado da cidade por parte do grupo de goberno tomando medidas ao chou, como a peonalización do rúa Concordia ou a retirada dos bolardos que está a agravar o circulación de tráfico polo casco histórico da cidade, e que ademáis son medidas tomadas á marxe do o PMUS que volver a ser “o gran olvidado”. Os socialistas instan á concelleira de Seguridade Cidadá, María Dibuja, e ao alcalde que se tomen as medidas oportunas na rúa Concejo, aumentando a vixilancia da zona con axentes da policía local para que regularice o tráfico e os accesos ao PAC.