INICIATIVAS Política municipal

O PSdeG de Ribadavia celebra a realización de PCR ós maiores do asilo

O PSDEG-PSOE “CELEBRA” QUE “POR FIN” SE REALICEN AS PROBAS DOS TEST PCR AOS TRABALLADORES E RESIDENTES DO ASILO FUNDACIÓN NOS ANXOS DE RIBADAVIA

Os socialistas levaban un mes insistindo na realización das probas PCR, que se levaron a cabo no día de onte por parte da xerencia do Sergas, pero remarcan que “actuaron tarde”

“Cremos que o bo facer e o esforzo destas traballadoras débese valorar e renderlles unha homenaxe en agradecemento pola súa responsabilidade e bo facer ao coidado dos nosos maiores”, afirman

Ourense, 18 de abril de 2020. O PSdeG-PSOE de Ribadavia “celebra” que “por fin” se realicen as probas dos test PCR aos traballadores e traballadores e ós residentes do asilo Fundación Nos Anxos da capital do Avia. Os socialistas lembran que levaban máis dun mes insistindo na realización das probas PCR, que se levaron a cabo no día de onte por parte da xerencia do Sergas, pero remarcan que “a actuación chega tarde, porque ben se puideron realizar con anterioridade”. Pese a tardanza, dende o seno socialista festexan que “por fin chegue unha boa nova para Ribadavia, que porá fin a incerteza e preocupación que tiñamos por os nosos maiores e traballadores e traballadoras”.

Dende o grupo municipal socialista apuntan tamén a “lealdade” que nestes días amosaron como parte do padroado do asilo e destacan o “apoio dende o minuto un” os profesionais que traballan día a día cos maiores da Fundación Nos Anxos, e tal e como apuntan, en moitas situacións “con moita presión”. Un apoio que os socialistas trasladan tamén aos familiares dos residentes, despois “dunha longa espera, que o fin remata coa realización das probas e que deixa máis tranquilas as familias”. O PSdeG-PSOE de Ribadavia non quere entrar, iso si, en “polémicas innecesarias” e afirman que “deixámosllas o señor presidente do padroado, que foi o que non gardou a mesma actitude que o resto dos membros do padroado, que si actuaron con lealdade e honestidade con respecto a xestión que se estaba a facer dende o propio asilo”.

Os socialistas remarcan tamén a “satisfacción” de acadar estas probas e amosan a súa “seguridade” de que a labor que están levando a cabo tanto a xerencia como os traballadores da fundación van dar resultados satisfactorios. “O bo facer, tanto en prevención, por medio da desinfección, como a atención nos coidados e o escaso número de casos, así o atesoran”, indican dende o PSdeG-PSOE de Ribadavia. Os socialistas finalizan afirmando que “cremos e entendemos que o bo facer e o esforzo destas traballadoras débese valorar, cando esta situación de crise remate, e nada mellor que renderlles unha homenaxe en agradecemento pola súa responsabilidade e bo facer ao coidado dos nosos maiores”.