INICIATIVAS SERVIZOS PÚBLICOS

O secretario provincial de emigración informa de novidades que afectan os retornados

O PSDEG-PSOE DE OURENSE INFORMA QUE OS RETORNADOS QUE SOLICITEN UN CERTIFICADO DA SÚA PENSIÓN A DEUTSCHE RENTENVERSICHERUNG XA QUEDAN REXISTRADOS

A secretaría provincial de emigración lembra os emigrantes retornados que cobren solo e exclusivamente pensión de ese país, e nada de España ou de outro país, que para a declaración da renda 2019  teñen a obriga de presentar o certificado da Seguridade Social de Alemaña

Ourense, 8 de maio de 2020.  O secretario provincial de emigración do PSdeG-PSOE, Luis Gulín, mantivo unha xuntanza telemática cos técnicos da Seguridade Social de Alemaña (Deutsche Renteversicherung). Nese encontro Luis Gulín foi informado das novidades que afectan os emigrantes retornados do país xermano.

Agora os retornados que soliciten un certificado da súa pensión a Deutsche Rentenversicherung para presentar a Axencia Tributaria de España, xa quedan rexistrados. Cada ano automaticamente enviarase o interesado sen necesidade de solicitalo expresamente.

A secretaría provincial de emigración lembra os emigrantes retornados que cobren solo e exclusivamente pensión de ese país, e nada de España ou de outro país, que para a declaración da renda 2019  teñen a obriga de presentar o certificado da Seguridade Social de Alemaña (DEUTSCHE RENTENVERSICHERUNG). 

Nese documento especificarase o que realmente cobran en pensión bruto e o que se queda Alemaña da pensión para o seguro médico e seguro de dependenza. Non vale o simple certificado do banco co realmente cobrado e ingresado na conta bancaria.

Os retornados deben solicitar o certificado solo por correo electrónico a post@drv-rheinland.de, indicando nome e apelidos, o número da Seguridade Social de Alemaña e a petición de enviar o certificado de ingresos do ano 2019. Enviarase a dirección postal que consta en Alemaña do asegurado. Para axilizar o trámite e preferible facelo en alemán.

O modelo en alemán está a disposición dos interesados nesta secretaria provincial de emigración e se pode solicitar o correo  cp-ourense@psdeg-psoe.org.