FONDOS PÚBLICOS GOBERNO ESTATAL

Uxía Tizón salienta as axudas do Goberno central a autónomos e traballadores en ERTE

A DEPUTADA OURENSÁ NO CONGRESO, UXÍA TIZÓN, SALIENTA A “CONTUNDENTE” E “RÁPIDA” RESPOSTA DO GOBERNO PARA PROTEXER A MILLEIROS DE TRABALLADORES CON AXUDAS ECONÓMICAS

Na provincia de Ourense máis de 10.000 autónomos percibiron 18,7 millóns de euros derivados de prestacións extraordinarias e pagáronse 47 millóns en prestacións por ERTEs

“Trátase dun esforzo sen precedentes, para protexer un piar básico como é o tecido empresarial, social e económico, loitando polo maior número de postos de traballo”, subliña Tizón

Ourense, 6 de xullo de 2020. A deputada ourensá do PSdeG-PSOE de Ourense no Congreso dos Deputados, Uxía Tizón, fai balance das axudas do Goberno central a autónomos e traballadores en ERTE na provincia de Ourense e salienta a “contundente” e “rápida” resposta do Goberno central para protexer a milleiros de traballadores con axudas económicas para que “ninguén quedase atrás. A deputada subliña que “a conservación de emprego foi, é e será unha das maiores preocupacións do Goberno e temos constancia de que os cidadáns así o senten tamén” e apunta que “a cidadanía sabe que o PSOE cumpre con eles a través destas axudas, así coma do Ingreso Mínimo Vital”.

Na provincia de Ourense, foron máis de 10.000 os autónomos que percibiron prestacións, sumando un montante total de 18,7 millóns de euros de investimentos do Goberno para este sector na provincia. Pero non só os autónomos se beneficiaron destas axudas, senón tamén as empresas e traballadores, que a través dos ERTE, percibiron do Estado máis de 47 millóns de euros en axudas e incentivos polo parón laboral causado pola COVID-19. Unha situación que para Tizón supón “un esforzo sen precedentes para protexer un piar básico como o tecido empresarial, social e económico, loitando pola conservación do maior número de postos de traballo”.

Os socialistas, a través destas axudas, protexeron a un dos sectores máis prexudicados e tamén a milleiros de mozos e mozas da provincia, unha das xeracións máis preparadas e que xa foi golpeada por dúas crises. “Os nosos mozos e mozas son o futuro de Ourense e por iso apostamos por protexelos para que non se frustren ante a ausencia de posibilidades laborais”, explica Uxía Tizón, que tamén remarca “imos a loitar porque teñan posibilidades de progresar e medrar en Ourense e non teñan que buscar un futuro lonxe da súa casa, os seus amigos e as súas familias”.

Destaca tamén a deputada aos milleiros de opositores da Administración Xeral do Estado e das medidas adoptadas para este colectivo “celebrando probas por medios telemáticos, aprazando a celebración de exames e extremando as recomendacións sanitarias para evitar posibles contaxios”.

A socialista ourensá no Congreso tamén quixo facer fincapé nas políticas sociais que segundo afirma “seguiremos protexendo e defendendo para que ninguén quede atrás” e subliñou que dende o PSdeG-PSOE de Ourense “non queremos que a nosa cidadanía se sinta esquecida e por iso seguiremos blindando as políticas sociais e laborais para convertelas nun referente, nunha terra chea de recursos e que temos que pór en valor”.

Uxía Tizón tamén destaca a importancia de votar o 12 de xullo e apostar polo PSdeG e por Gonzalo Caballero para que “Ourense poida progresar” e para que os mozos e mozas da provincia “poidan ter un futuro digno e non teñan que emigrar en busca de opcións que nesta terra se lle negan de forma sistemática tras décadas de goberno dos Baltar na provincia e de 11 anos de Feijóo ao fronte da Xunta de Galicia, polo que é moi importante acudir as urnas e apostar polo modelo socialista que defenda Galicia e as súas xentes”.