concellos Política municipal

Os socialistas arroupan a súa voceira en Castrelo de Miño e advirten que non tolerarán transfugismos


O PSDEG-PSOE DE OURENSE APOIA “UNANIMEMENTE”  Á VOCEIRA SOCIALISTA EN CASTRELO DE MIÑO ANTE OS RUMORES DE QUE DOUS CONCELLEIROS SOCIALISTAS ESTÁN SENDO UTILIZADOS POR BALTAR PARA UNHA SUPOSTA MOCIÓN DE CENSURA

Os socialistas advirten a estes concelleiros que no caso de “seguirlle o xogo” a Baltar “entreguen a acta” e “non traizoen” a vontade dos votantes de Castrelo de Miño que apoiaron o PSOE

A voceira socialista, Catalina González, advirte o BNG de que “eles non nos van marcar os tempos os socialistas” e lémbralles que “a inoperancia e desidia” dos nacionalistas para negociar o pacto de Goberno provocou esta situación con “Baltar promovendo a moción”

Ourense, 18 de xullo de 2020. A O PSdeG-PSOE de Ourense amosa o seu apoio de “xeito unánime” a voceira socialista en Castrelo de Miño, Catalina González Álvarez ante os rumores de que dous concelleiros socialistas están sendo utilizados polo líder do Partido Popular de Ourense, José Manuel Baltar, para unha posible moción de censura no municipio, que desbanque o actual alcalde do BNG. A organización socialistas deixa claro que a súa postura “é abrir un escenario de diálogo co BNG para tentar chegar a un acordo de gobernabilidade”, polo que lle piden os nacionalistas “lealdade” nese sentido. Dende o partido amosan tamén o seu total apoio ao secretario provincial, Rafael Rodríguez Villarino, que tal e como afirman “está sendo vítima dunha caza indiscriminada por denunciar o caciquismo reinante na provincia de Ourense”.

Dende o PSOE ourensán tamén poñen de manifesto que os dous concelleiros socialistas están sendo “manexados” por Baltar para “tentar torcer” a vontade dos votantes de Castrelo de Miño que delegaron en eles a representación socialistas nas últimas elección municipais e “lexitimar de modo indecente” unha moción de censura contra o actual alcalde do municipio. Situación que para os socialistas resulta “intolerable” e lembran as conversas para un pacto de goberno “estable, de progreso e futuro” para Castrelo de Miño xunto co BNG.

Os socialistas lembran, tamén, que calquera postura que adopten os hoxe todavía concelleiros do grupo municipal socialista en Castrelo de Miño entorno a un posible pacto co Partido Popular “queda deslexitimada absolutamente”. Ante esta situación, dende o PSdeG-PSOE de Ourense solicítanlle que no caso de seguirlle o xogo a Baltar “fagan entrega da súa acta de concelleiros” e “non traizoen” a vontade dos votantes do PSOE en Castrelo. “Pedímoslle por dignidade ás siglas, á veciñanza e ao Partido que entreguen a acta para ser substituídos por compañeiros da lista, explican fontes socialistas que tamén apuntan que “no caso de negarse e levar a cabo unha hipotética moción estarían colocándose do lado do PP, polo que serían calificados de tránsfugas”.

Dende o PSdeG-PSOE de Ourense tamén advirten aos concelleiros socialistas e a Baltar que no hipotético caso de que produza unha moción de censura en Castrelo de Miño na que os dous concelleiros socialistas apoien ao PP “levaremos o caso ante a comisión antitransfugismo”. ”. A executiva provincial, co secretario provincial, Rafael Rodríguez Villarino, e o secretario de organización, Juan Carlos Francisco, celebrou un encontro o pasado xoves coa militancia de Castrelo de Miño que respondeu “con forza, ilusión e apoio en favor da candidata” a convocatoria realizada, tal e como se amosa na imaxe adxunta.

A executiva provincial do PSdeG-PSOE de Ourense participou nun encontro coa militancia de Castrelo de Miño para amosar o seu apoio e arroupar a voceira socialista, Catalina González.

A voceira socialista critica as últimas reaccións do BNG

Pola súa banda, a voceira do PSdeG-PSOE en Castrelo de Miño, Catalina González, lembra que dende a noite que se coñeceron os resultados electorais “a nosa formación sempre estivo aberta a un pacto de goberno co BNG”, polo que afirma “non entender” a postura dos nacionalistas, os que lles lembra que “xa no mes de setembro iniciamos conversas para un pacto de gobernabilidade en Castrelo de Miño” e afirma que tan só “a desidia e inoperancia” do BNG “nos trouxo a esta situación”, na que tal e como indica “Baltar tocou a dous dos meus compañeiros”. “Esta situación non se houbese producido se a finais do ano pasado tiveramos asinado xa o pacto de goberno”, subliña González Álvarez.

Ante as últimas informacións aparecidas nos medios de comunicación e nas que o BNG lle esixía o PSOE expulsións e os acusaba de ser cómplices da moción, a voceira socialista deixa claro que “os tempos no PSOE marcámolos os socialistas, que somos os que tomamos as decisións e non van vir eles (referencia o BNG) a organizar a nosa casa”. Catalina González tamén deixa claro que conta co “total respaldo” do PSdeG-PSOE de Ourense que “xa leva semanas traballando” e que “tomará as medidas oportunas no caso de que esta hipotética moción de censura siga adiante” cun único fin “impedila”.