INICIATIVAS SOCIALISTAS OURENSÁNS NAS INSTITUCIÓNS

Pulo do PSOE ás becas a estudantes tras a década negra do PP

O PSDEG-PSOE DE OURENSE DESTACA O “IMPORTANTE” PULO DO GOBERNO CENTRAL NAS BECAS A ESTUDANTES TRALA DÉCADA NEGRA DE RECORTES “SALVAXES” DO PARTIDO POPULAR

O deputado Adolfo Pérez Abellás detallou o compromiso dos socialistas coa dimensión social da educación, subliñando que se busca que “ninguén abandone os estudos por motivos económicos”

Uxía Tizón puxo en valor o novo sistema de becas, en contraposición co modelo Wert, que segundo subliñou “foi nefasto tanto en importe das becas, como nos destinatarios que as percibiron”

Ourense, 2 de setembro de 2020. O PSdeG-PSOE de Ourense compareceu hoxe ante os medios de comunicación, con motivo do comezo do curso escolar para explicar o Real Decreto 688/2020 e no que se establecen os teitos de renda e patrimonio familiar e as cuantías das becas e axudas ao estudo para o curso 2020/2021. Na rolda estiveron presentes o secretario provincial, Rafael Rodríguez Villarino e os representantes institucionais dos socialistas ourensáns en Madrid, o senador, Miguel Bautista e os deputados, Adolfo Pérez Abellás e Uxía Tizón. Os socialistas ourensáns subliñan o “compromiso” do Goberno, encabezado por Pedro Sánchez, coa dimensión social da educación.

As novas becas do Real Decreto suporán un aumento do importe total con respecto ao curso pasado dun 22,6%, o que supón 386 millóns de euros máis para complementar os 1470 destinados no curso 2019-2020, para unha contía total no 2020-2021 de 1.900 millóns de euros. Estas cifras, segundo os socialistas “supoñen o maior aumento da partida para becas nos últimos 11 anos e o segundo maior neste siglo”, tralo aumento do 23% levado a cabo por outro socialista, Ángel Gabilondo no curso 2009-2010, no que o aumento foi do 23% na partida de becas. Unha subida que supón que cada estudante se beneficiará con 100 euros máis cada ano. 

Uxía Tizón, deputada no Congreso; Rafael Rodríguez Villarino, secretario provincial; Adolfo Pérez Abellás deputado e Miguel Bautista, senador.

O deputado, Adolfo Pérez Abellás, fixo fincapé en que este “importante” pulo na política de becas e axudas aos estudos, garante que “ninguén abandona os estudos pos obrigatorios por motivos económicos”, destacando tamén que permiten asegurar “a cohesión social e a igualdade de oportunidades” para todos os estudantes universitarios e non universitarios. A reforma en profundidade do sistema actual de becas e axudas ten a súa a base segunda apunta o deputado ourensán no incremento da financiación nos Orzamentos Xerais do Estado, que “permitiron destinar unha gran partida as becas concedidas”.

Algúns dos cambios nas medidas adoptadas para o curso 2020-2021 son a redución dos requisitos académicos, a elevación do teito 1 da renda familia, o incremento en 100 euros de determinadas cuantías, e as melloras dirixidas a colectivos de estudantes con necesidade específica de apoio educativo ou alumnos con TEA. “Estes cambios de requisitos permite que se garanta o dereito a igualdade dos cidadán ao acceso á educación tanto básica como non obrigatoria”, apuntou Pérez Abellás, que tamén explicou que este cambios levaranse con respecto o Real Decreto 1721/2007 levaranse a cabo “a través de mecanismos de exención de taxas e prezos públicos e compensando os gastos das bolsas de becas e axudas”.

O representante do PSdeG-PSOE de Ourense no Congreso dos Deputados, Adolfo Pérez Abellás, durante a súa intervención.

O socialista ourensán finalizou afirmando que “estamos comprometidos coas políticas sociais de gran calado” e este Real Decreto do Ministerio de Presidencia, Relacións coas Cortes e Memoria Democrática “é unhas das medidas que levamos anos abandeirando os socialistas e que permitirá que ninguén quede fóra por causas económicas”.

Pola súa banda, a deputada Uxía Tizón, puxo en valor o novo sistema de becas en comparación co anterior, subliñando que a educación “non pode ser unha carreira de obstáculos sen saída para os fillos das clases medias traballadoras e das familias máis humildes”. A socialista ourensá tamén apuntou que o Goberno pretende deste xeito “un maior investimento en becas e que teñan un maior impacto na equidade”. Con esta reforma con respecto a anterior do ministro Wert, posibilítase que o 76% dos becados universitarios e o 73% dos non universitarios  beneficiaranse das becas.

A representante do PSdeG-PSOE de Ourense no Congreso dos Deputados, Uxía Tizón, durante a súa intervención.

Tizón lembrou tamén que o modelo Wert “foi nefasto para avanzar en igualdade de oportunidades que impulsamos dende o PSOE dende o ano 93”. “Co ministro Wert, do Partido Popular reduciuse nun 27% o importe da beca”, informou a deputada ourensá antes de afirmar que “foi un modelo regresivo que conxelou os teitos da renda dende 2011, que estableceu un tope de gasto da base 1 que deixaba sen beca a familias en situación de pobreza e que suprimiu a beca compensatoria”.

“Dende o PSOE preténdese recuperar a equidade perdida e poñer fin ao retroceso para avanzar e progresas sen deixar a ninguén atrás”, subliñou Uxía Tizón antes de lembrar que “os gobernos do Partido Popular levaron a cabo duros recortes dende 2013, nos que nunca recuperaron o nivel de inversión realizados polos anteriores gobernos socialistas”.