concellos Denuncias

Os socialistas de Leiro critican o mal funcionamento da Mancomunidade do Ribeiro

O PSDEG-PSOE DE LEIRO DENUNCIA A “SOBERBIA E MANIPULACIÓN” DO ALCALDE E LÉMBRANLLE QUE AS CRÍTICAS AO FUNCIONAMENTO DA MANCOMUNIDADE DO RIBEIRO SALEN DE DATOS OFICIAIS

Os socialistas critican tamén o ton despectivo co que o alcalde e presidente da Mancomunidade se refire ao voceiro socialista e esíxenlle “máis respecto”

O voceiro, Manuel Rodríguez, considera “penoso escoitar dicir o alcalde que dun orzamento de 1 millón de euros, despois de pagar os servizos que se presta á veciñanza, pouco queda para outras cousas”

Ourense, 14 de setembro de 2020. O PSdeG-PSOE de Leiro expresa, unha vez máis, o seu total rexeitamento as últimas declaracións do alcalde do municipio, Francisco José Fernández, do Partido Popular e tamén presidente da Mancomunidade do Ribeiro e tildan as súas declaracións de “prepotentes, soberbias e completamente manipuladas”. Os socialistas critican tamén o tono despectivo co que o rexedor se dirixe nos medios de comunicación o voceiro do PSdeG de Leiro o que fai referencia con frases como “ese señor da oposición” ou “é malo e de corto entendemento”. Dende o Grupo Municipal Socialista apuntan tamén que os datos empregados para criticar o mal funcionamento da Mancomunidade salen todos de datos oficiais da mesma.

O voceiro socialista, Manuel Rodríguez, considera “penoso escoitar dicir o señor alcalde que dun orzamento de 1 millón de euros, despois de pagar os servizos que se presta á veciñanza, pouco queda para outras cousas”. Rodríguez lémbralle o alcalde que “sigue as directrices como martelo pión” e que “a dispoñibilidade do Remanente de Tesourería, e que se converteu na panacea para os alcaldes do PP, está conxelada dende 2012 e nestes 8 anos non cuestionaron as directrices do señor Montoro”. Apunta tamén que o alcalde minte cando afirma que o Goberno obriga a entregar aos concellos o remanente, “xa que isto é voluntario”.

Os socialistas apuntan tamén os datos oficiais da Mancomunidade do Ribeiro para apoiar a súa decisión de que o concello de Leiro abandone a mesma, xa que consideran que “non aporta nada tal e como está estruturada hoxe en día”. O coste do servizo de recadación en 2019 foi de 115.498,93€, o que supón un coste a soportar por cada veciño de 22.34, cando en 2017 o coste era de 68.605,03; 12,88 por veciño, o que supón un incremento de 10 euros por veciño. Os socialistas ante esta subida pregúntanse “por que para realizar a mesma actividade recadadora se incrementou o coste do servizo en man de obra en 43.102,57€ en cuestión de dous anos”. Pregunta que tal e como apunta Manuel Rodríguez “segue sen resposta”.

En relación o coste dos servizos de recollida de lixo, os socialistas apuntan a que tamén se disparou pasando de 43,75 € de coste por veciño en 2017 a 81,72 en 2019, pese as subvencións recibidas en 2019 por investimentos e obras. Neste apartado, o voceiro Manuel Rodríguez non da creto a situación que acontece con algúns concellos. “Non entendemos como o Concello de Arnoia, que segue parámetros similares aos de Cenlle ou Cortegada, paga 12.000 euros menos por servizo, algo que repercute directamente nos concellos de Leiro, Cenlle, Cortegada e Beade”.

O PSdeG-PSOE de Leiro tamén fai referencia o apartado de servizos sociais onde “animan ao alcalde e presidente da Mancomunidade a motivarse” lembrándolle que dos 331.589,51 euros de subvencións, correspóndenlle 64,13 a cada un dos 5.170 veciños que pertencen a entidade, namentres que na Mancomunidade limítrofe dispoñen dun total de 891.938,07 euros para unha poboación de 6.987 veciños, “isto supón o dobre do que se percibe no Ribeiro con practicamente a mesma poboación”, sentencia Manuel Rodríguez.

Os socialistas apuntan tamén que en termos globais, os concellos aportaron uns 32.000€ para o servizo de axuda no fogar e que a aportación global da veciñanza dos 5 concellos superou a media dos 70.000€ nos últimos anos. Ante esta situación e vendo o traballo doutras mancomunidades, o voceiro dos socialistas de Leiro, Manuel Rodríguez, considera que “non podemos falar de boa xestión da Mancomunidade tal e como apuntan os datos”. Rodríguez tamén afirma que “se ven o voceiro socialista non ten capacidade legal para solicitarlle o secretario un informe favorable ou desfavorable sobre a permanencia ou non na Mancomunidade do Concello de Leiro, non é menos certo que o exposto por razóns máis que sólidas, xustifican a súa postura e que a moral, ética e politicamente deberían obrigar democraticamente ao alcalde a solicitar dito informe”.