INFRAESTRUCTURAS POLÍTICA PROVINCIAL

Non haberá «novos recortes» nos trens de Ourense desde outubro: desmontamos o bulo

Non haberá «novos recortes» nos trens de Ourense. Neste fío de Twitter desmontamos algúns dos bulos difundidos polo BNG sobre «novos recortes» nos trens da provincia desde «a última semana de outubro». Ao contrario: a provincia ourensá contará desde a última semana deste mes con máis servizos de media e longa distancia, algúns deles inéditos, como dous trens diarios directos con Vilagarcía.

A partir da última semana de outubro de 2020, ademais dos trens existentes incorporaranse:

  • Novo servizo de media distancia a Santiago.
  • Novo servizo directo con Vilagarcía e Pontevedra.
  • Novo servizos de media distancia con paradas en todas as estacións das comarcas de Valdeorras, Monforte, Ourense, Ribeiro, Paradanta, Condado, Baixo Miño e Vigo.
  • Novo servizo de media distancia con Ponferrada e O Bierzo.
  • Novo servizo Alvia madrugador a Madrid.

Igualmente vaise recuperar proximamente o servizo Alvia diario que une Galicia con Barcelona e con todo o norte da península ibérica.