Concello de Ourense Política municipal

Solicitamos a convocatoria urxente de Consello municipal de Igualdade ante o desleixo do «microgoberno» co 25N

O PSDEG-PSOE SOLICITA A CONVOCATORIA “URXENTE” DO CONSELLO MUNICIPAL DE IGUALDADE PARA REALIZAR UNHA PROGRAMACIÓN “NECESARIA E COMPROMETIDA” PARA O 25N

“o Covid é unha excusa para o desleixo pero a realidade é a falta de compromiso do microgoberno”,a cal, debería ser unha “prioridade”, rexeita a concelleira, Concepción García Lozano

“o Triunvirato do Concello decide non sumarse amosando que non creen na igualdade real e efectiva e non entrando nun compromiso que defenda ás víctimas e o cal debe ser ratificado de xeito inequívoco por feitos e non palabras”

Ourense, 12 de novembro de 2020. O PSdeG-PSOE solicita a convocatoria “urxente” do Consello municipal de Igualdade para poder realizar unha programación “necesaria e comprometida” para o 25N ante o “desleixo absoluto” do “microgoberno” de Jácome coa igualdade e a muller. Así o manifestou a concelleira socialista, Concepción García Lozano, que denunciou que “non se pode permitir o rexeitamento do Concello coas actividades de visibilización e co compromiso de loita  contra a lacra machista” sinalando que “o Covid é unha excusa pero a realidade é a falta de compromiso do microgoberno”,a cal debería ser unha “prioridade”, rexeita a concelleira.

Os socialistas consideran que non se pode permitir que se “desmantele constantemente” esta loita como acontece dende o inicio do mandato coa falta de recursos humanos no CIM, a non convocatoria do Consello municipal de igualdade e o descoñecemento do cumprimento do III Plan de Igualdade. Así, dende o grupo municipal socialista, apelan á “responsabilidade institucional” e reclaman que se realice a programación do 25N “cumprindo de xeito riguroso coas medidas sanitarias” propoñendo a realización de actividades como: visibilizacións na rúa, unhas xornadas ou talleres virtuais ou un video en redes de visibilidade e apoio a todas esas mulleres que precisan saber que non están soas.

Pola súa banda, o voceiro socialista, Rafa Villarino, defendeu que “un goberno que emprega a pandemia como excusa cando realmente é un factor que aumenta os casos de violencia de xenero sabemos que pedirlle sensibilidade é unha utopía”. Máis, cando soamente “levan mulleres nas listas por cubrir o expediente” e que manteñen un goberno formado por tres homes sen nin sequera ser capaces de convocar a concentración mensual que se viña realizando o primeiro luns de cada mes”, reclama.

Villarino explica que a “deriva comezou co intento de saída do Viogen e que o Partido Socialista, implicado na defensa da igualdade, non pode permitir iso”. “Un goberno sen igualdade é un goberno sen progreso e un goberno sen progreso avoca a unha situación de declive imparable, polo que convocar o consello de Igualdade é un prioridade e non imos permitir que o microgoberno se esqueza da muller”,denunciou.

Para rematar, a secretaria provincial de Igualdade do PSdeG-PSOE, Zaida Rodríguez, lembrou que este ano cúmprense “20 anos da designación por Nacións Unidas do 25 de novembro como día da loita contra a violencia de xénero, un ano máis no que o Partido Socialista se suma”. Este ano a situación vese agravada pola pandemia e afecta ás mulleres con máis intensidade debido á desigualdade estrutural dramática na que vivimos, salientou. Neste contexto “o triunvirato do Concello de Ourense decide non sumarse a esta loita amosando que non creen na igualdade real e efectiva e non entrando nun compromiso que defenda ás víctimas e o cal debe ser ratificado de xeito inequívoco polo concello por feitos e non palabras”, e “os feitos son os que son”. Os socialistas seguiremos a combater os posicionamentos que neguen a existencia da violencia machista.