Deputación de Ourense INICIATIVAS

O PSOE pide recuperar a atención primaria e Baltar sae en defensa dos recortes de Feijóo

O PSDEG-PSOE IMPULSA UNHA INICIATIVA PARA REACTIVAR A ATENCIÓN PRIMARIA “ARRASADA POLAS POLÍTICAS DE FEIJÓO” NA ÚLTIMA DÉCADA E O PP VOTA EN CONTRA

Villarino cualificou a situación de “caos” desde hai anos, actualmente agravada pola pandemia da Covid-19, polo que, advirte, “faise insostible seguir así” tras “unha década” instalados nunha “política de servizos mínimos continuados”

Ourense, 27 de novembro de 2020. O PSdeG-PSOE impulsou unha iniciativa no pleno de novembro da Deputación de Ourense, para iniciar xa reactivación da atención primaria presencial e para abrir un proceso de recuperación dos profesionais perdidos nos últimos anos, “arrasados polas políticas de Feijóo”, garantindo así a cobertura e substitución do personal dos centros de saúde, co fin de “non afastar” a asistencia da cidadanía.

O voceiro, Rafa Villarino, cualificou a situación de “caos” desde hai anos, actualmente agravada pola pandemia da Covid-19, polo que, advirte, “faise insostible seguir así” tras “unha década” instalados nunha “política de servizos mínimos continuados” nos centros de atención primaria da provincia, nos que traballadores e veciñanza “padecen faltas graves de persoal e servizos” a causa dos recortes de Feijóo.

“A situación do servizo é precaria e inadmisible, posto que á falta crónica de persoal, súmanse os importantes “atrancos” para atender ás persoas adecuadamente ao estar imposto pola Xunta un servizo de teleasistencia “en precario”, que atrasa días ou semanas os diagnósticos dos profesionais sanitarios e agrava os problemas dos doentes, advertiu. Villarino salientou que Galicia é a terceira peor comunidade autónoma do país en cociente de persoal médico por habitante e con peor cociente de persoal de enfermería, recordou.

Pleno_Deputacion_Ourense_novembro_telematico
Pleno da Deputación de Ourense celebrado telemáticamente en novembro

A moción foi rexeitada cos votos do PP ourensán que, unha vez máis, volveu emendar o texto orixinal co único fin de “salvar os mobles” dos recortes de Feijóo mediante unha emenda “valeira de contido que só busca enredar”. A iniciativa dos socialistas si recibiu os votos favorables de Democracia Ourensana e do BNG. Ciudadanos abstívose.