PSDEG-PSOE E RIBEIRO EN COMÚN ANUNCIAN UN PLAN MUNICIPAL DE MEDIDAS SOCIAIS FRONTE A CRISE SOCIO SANITARIA E PRESENTAN O SEU ORGANIGRAMA DE GOBERNO
Un dos obxectivos do futuro goberno de Ribadavia pasa pola aprobación “urxente e inmediata” duns orzamentos para 2021 que reforcen as políticas sociais fronte a crise provocada pola COVID-19
Apostan, entre outras medidas, polas axudas a parados, autónomos, PEMES e a hostalería, ademais do reforzo dos servizos sociais e servizos esenciais como a axuda no fogar ou o Asilo de Ribadavia
Ribadavia, 13 de febreiro de 2021. PSdeG-PSOE e Ribeiro en Común seguen traballando arreo na confección do futuro goberno municipal e no programa e iniciativas que pretenden levar a cabo. O 23 de febreiro é a data fixada para o comezo dun novo tempo para Ribadavia, no que ambas formacións apostan polo cambio e por un plan municipal de medidas sociais fronte a crise socio sanitaria e anuncian tamén o organigrama de traballo do futuro goberno, coa designación das diferentes áreas de actuación.
Para o futuro goberno municipal, a aprobación das axudas a parados, a autónomos e PEMES, así como á hostalaría de Ribadavia “son unha das prioridades máis urxentes, debido a situación de vulnerabilidade que están a sufrir estes colectivos nestes momentos, ben por mor das restricións aplicadas ou pola ausencia de traballo”. Un dos obxectivos principais deste novo goberno progresista, de esquerdas e feminista pasa pola aprobación “urxente e inmediata” duns orzamentos para 2021, que reforcen as políticas sociais fronte a crise provocada pola COVID-19.
Así mesmo, ambas formacións concordan na “necesidade imperiosa” de reforzar os servizos sociais e servizos esenciais nesta , como demostraron ser o servizo de axuda no fogar ou o Asilo de Ribadavia. “Levamos tempo xa traballando no Orzamento 2021 e a nosa prioridade absoluta é aprobalo o antes que sexa posible, unha vez asumamos as competencias”, sinalan desde o seno do futuro goberno municipal de Ribadavia.
Organización e composición do futuro goberno
O futuro goberno terá unha composición equilibrada e paritaria ao 50% entre os dous grupos que o conformarán, adoptándose as decisións por consenso. Será un goberno unido e unitario que se organizará en 6 áreas, coordinadas pola Xunta de Goberno, máis tendo sempre unha única concellería titular.
Todas as competencias a xestionar polo novo goberno serán “a través da cooperación e a co-gobernanza”, as competencias mancomunadas sempre teñen unha concellaría titular da mesma. Manteranse as mesmas dedicacións exclusivas e retribucións existentes no concello actualmente, “dentro do principio de austeridade e aforro do concello, a non incrementar os gastos”, explican dende Ribeiro en Común e PSdeG-PSOE, que tamén apuntan a que “este goberno comprométese á que a Contratación se realice de acordo aos principios de publicidade e transparencia, a través de procedementos abertos, sempre que a lexislación e os prazos de execución así o permitan”.
A composición do novo goberno quedará estruturada da seguinte forma:
- Alcaldía e Concellaría de Igualdade e Sanidade: inclúe Área interna e Persoal, e mancomunada coa Portavocía á Concellaría de Dereitos Sociais. Noelia Rodríguez.
- Tenencia de alcaldía e Concellaría de Cultura e Medio ambiente: inclúe educación, sendas verdes, ríos e ribeiras, e parques e xardíns mancomunada con obras e servizos. Paula Rodríguez.
- Portavocía do Goberno e Concellaría Economía e Dereitos Sociais: facenda, urbanismo, casco histórico, parque empresarial, comercio, servizo de emerxencias e servizos sociais. Brais Fidalgo.
- Concellaría de Turismo e Xuventude: inclúe termalismo, enoturismo, e mancomunada coa Portavocía casco histórico e comercio. Cristina Otero.
- Concellaría de Obras e Servizos: inclúe parques e xardíns mancomunada coa tenencia de alcaldía, e infraestruturas mancomunada coa Portavocía. Manuel Vázquez.
- Concellaría de Deportes, Participación cidadá e Medio Rural: inclúe a coordinación da acción municipal en todos os núcleos do Concello. Enrique Rodríguez.