EMIGRACIÓN SOCIALISTAS OURENSÁNS NAS INSTITUCIÓNS

A secretaría de emigración recolle as queixas dos retornados e busca solucións

A SECRETARÍA DE EMIGRACIÓN DO PSDEG-PSOE DE OURENSE ESCOITA AS QUEIXAS DOS RETORNADOS POLAS TRABAS DA AEAT E TRASLADARÁ AS MESMAS OS SEUS PARLAMENTARIOS EN MADRID

O responsable da área de emigración, Luís Gulín, recibiu múltiples queixas, principalmente de Alemaña, Suíza e Holanda polo “trato desigual” por parte da Axencia Tributaria coa dedución de 1200 euros na declaración da renda por ter un cónxuxe a cargo con discapacidade recoñecida en España

Ourense, 1 de agosto de 2021. O PSdeG-PSOE de Ourense informa a través do seu secretario provincial de emigración, Luís Gulín, que recibiu estes días múltiples queixas de emigrantes retornados, principalmente de Alemaña, Suíza e Holanda, desde diversos puntos de España. A razón, segundo apuntan os socialistas “reside no trato desigual por parte da Axencia Tributaria coa dedución de 1200 euros na declaración da renda por ter un cónxuxe a cargo con discapacidade recoñecida en España”.

O articulo en cuestión, introducido no ano 2018 na Lexislación tributaria, establece que para ser recoñecida esa dedución, a parte de que a persoa discapacitada teña ingresos inferiores a 8000 euros anuais. Os beneficiarios deben realizar unha actividade por conta propia ou allea pola cal estean dados de alta no réxime correspondente da Seguridade Social ou mutualidad, ou ou sexan perceptores de prestacións contributivas e asistenciais do sistema de protección do desemprego e pensións abonadas pola Seguridade Social, Clases Pasivas ou Mutualidades alternativas.

“No caso de perceptores de pensións estranxeiras a AEAT realiza unha interpretación territorial moi dispar”, explica Gulín. No caso de que o titular con dereito a dedución sexa só pensionista estranxeiro e a persoa discapacitada pensionista español, nalgunhas oficinas da AEAT en Andalucía rexeitan o dereito á dedución ao considerar que ambos deben ser só perceptores de pensións españolas. “Caso contrario en Asturias onde por parte da AEAT mantense que a persoa discapacitada se deber ser pensionista español pero o titular pode ser perceptor de xubilación estranxeira”, explica o secretario provincial de emigración dos socialistas ourensáns, que tamén apunta que “nalgunhas oficinas de Castela A Mancha os funcionarios tributarios insisten que o titular ten que ter forzosamente xubilación española e a persoa discapacitada pode ter pensión estranxeira”.

A situación en Galicia, polo menos en Ourense, consultando por parte da secretaria provincial de emigración a oficina da AEAT e diversas xestorías que traballan co colectivo de retornados, é mesmo mais benévola sendo aceptada que a persoa discapacitada e o titular con dereito a dedución, ambos teñan só pensións estranxeiras, a condición de que a discapacidade fose recoñecida en España.

O secretario provincial de emigración contactou con diversos colectivos emigrantes retornados, e as asociacións que traballan con eles,  nas comunidades autónomas mencionadas e a argumentación ofrecida polos responsables provinciais da AEAT sempre son supostas instrucións e consultas realizadas con Madrid. Ante este feito moi desigual, contraditorio e discriminatorio,  Luís Gulín, vai trasladar as queixas aos parlamentarios ourensáns para que “con outros deputados e senadores doutros puntos de España consígase ante o Ministerio de Facenda un criterio único ante un colectivo, o emigrante retornado, especialmente vulnerable por ter un familiar con discapacidade a cargo”.