A CEM DO PSDEG-PSOE DE OURENSE ORGANIZA UHA CHARLA INFORMATIVA SOBRE AS AXUDAS AO PLAN ESTATAL DE VIVENDA E O PLAN DE TRANSFORMACIÓN, RECUPERACIÓN E RESILIENCIA
Ourense será a primeira gran cidade galega na que se desenvolve sendo de suma relevancia pola situación urbanística excepcional e trala perda da primeira entrega dos fondos Next Generation
Co obxectivo de introducir a Rehabilitación na axenda de Ourense, da provincia e da capital e que sexa a primeira das actuacións que servan para iniciar “un camiño de normalidade, serenidade e liderazgo”
Ourense, 22 de xuño de 2022. A executiva municipal do PSdeG-PSOE de Ourense en conxunto coa Comisión Executiva Nacional Galega realizará unha charla informativa sobre as axudas do Plan Estatal de Vivenda (PEV) e o Plan de Transformación, Recuperación e Resiliencia (PTRR). A charla terá lugar o vindeiro xoves 23 ás 19 horas no Centro Cultural Marcos Valcárcel e correrá a cargo de Áurea Soto, arquitecta e Secretaria de Vivenda do PSdeG, e María Pierres, arquitecta, Voceira e Secretaria de Apoio Técnico do PSdeG. Exporá o contexto normativo ao que acollerse.
Dende a CEM do PSdeG-PSOE de Ourense destacan que Ourense será a primeira gran cidade galega na que se desenvolve esta conferencia sendo de suma relevancia para a cidade pola situación urbanística excepcional na que se atopa na actualidade e trala perda da primeira entrega dos fondos Next Generation, polo que consideran “clave” achegar a todos os responsables institucionais e á cidadanía todas as accións postas en marcha neste eido dende a Unión Europea e o Goberno de España. Deste modo será un evento aberto a toda a cidadanía, asociacións e profesionais vinculados ao sector da vivenda e o urbanismo da cidade e da provincia.
Así mesmo presentan como obxectivo principal que serva para introducir a rehabilitación na axenda de Ourense, da provincia e da capital e que sexa a primeira das actuacións que servan para iniciar “un camiño de normalidade, serenidade e liderazgo na administración”.
A rehabilitación e o Plan de Transformación, Recuperación e Resiliencia
A Axenda 2030 sobre os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, o Acordo de París de 2015, o Pacto Verde Europeo, o Plan Nacional Integrado de Energía y Clima (PNIEC) 2021-2030, a Estratexia a longo prazo para a Rehabilitación Enerxética no Sector da Edificación en España (ERESEE), etc. van formar parte da nosa paisaxe cotiá dende agora en adiante. Son as sendas irreversibles da lexislación nacional e internacional e tamén galega polas que discurrirá a planificación territorial, a economía, e polo tanto o financiamento, a curto, medio e longo prazo. O mandato dende a UE é rehabilitar e mellorar os edificios nos que vivimos.
No noso país máis da metade dos edificios de vivendas existentes son anteriores a 1980. Para isto dende este 2022 e ata o 2026 imos dispoñer da maior inversión e financiamento público dende aqueles fondos europeos que lembramos nos anos 90 dos que dispuxo Galicia, que deberán server, esta vez si, para a modernización de Galicia.
E para dinamizar o sector económico e de emprego, o da construcción, e reconducilo cara ao “futuro e a modernidade”. Esto pasa por unha muda estrutural: o peso non estará na transformación de solo para obra nova –que existirá pero limitadamente-, o peso da actividade estará na rehabilitación.
Para este mandato dende a Unión Europea púxose en marcha no 2021 un instrumento financieiro moi potente, o MRR – Mecanismo de Recuperación e Resiliencia dotado con 672.500 millóns € dos que lle corresponden a España 140.000 millóns de euros (entre 2021 e 2026).
España presentou o PRTR – Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia de España- o 16 de xuño 2021 e foi o primeiro Estado europeo que o viu aprobado e dotado dunha primeira fase de 70.000 millóns de €.
A Compoñente 2 deste PRTR está destinada ao Plan de Rehabilitación de Vivenda e Rexeneración Urbana dotado con 6.820 millóns € xestionados polo MITERD (Ministerio de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico) e polo MITMA (Ministerio de Transportes, Mobilidade, Reto Demográfico e Axenda Urbana).
Dende novembro de 2021 o Estado aprobou para a implementación das CCAA o REAL DECRETO 853/2021 de 5 de octubre, polo que se regulan os programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social do Plan de Recuperación Transformación e Resiliencia e mais en xaneiro de 2022 o Plan Estatal para o acceso á vivienda 2022-2025, que inclúe o Bono de aluguer xoven.