
O PSdeG PSOE de Ourense e Xuventudes Socialistas celebran o día Internacional do Orgullo LGTBI 2022, coa lectura dun manifesto e procederase ao izado da bandeira LGTBI ás 18.00 horas na sede do PSdeG PSOE de Ourense
Ás 20.00 horas participarán na manifestación convocada polo día Internacional do Orgullo LGTBI 2022 baixo o lema “Ourense, concello libre de LGTBIfobia”
Ourense, 27 de xuño de 2022. A Agrupación Municipal do PSdeG PSOE de Ourense xunto coas Xuventudes Socialistas celebran este 28 de xuño de 2022 o día do Orgullo LGTBI 2022, cun acto na sede do PSdeG-PSOE de Ourense (rúa Ribeira de Canedo 24-26. A Ponte) ás 18.00 horas. Un acto no que se procederá á lectura do manifesto “Orgullo sen fronteiras; que non che apaguen a cor” e que persegue un dobre obxectivo: denunciar os discursos de odio que se verten contra o colectivo e reclamar a defensa das leis que teñen dotado de dereitos ás persoas LGBTBI.
As 20.00h os socialista e as socialistas participarán na manifestación convocada co gallo do Orgullo LGTBI 2022, con saída dende a Estatua de Eduardo Blanco Amor, na Praza Bispo Cesáreo de Ourense baixo o lema “Ourense, concello libre de LGTBIfobia”, denunciando e recoñecendo a LGTBIfobia e os discursos que a alentan, como unha afronta á calidade democrática e a liberdade na nosa Comunidade.
