Concello de Ourense Denuncias

Esiximos a dimisión de Tellado e denunciamos a «misoxinia» de Jácome ao pedir só a renuncia de Prado tras atacar ambos a Ourense

O PSDEG-PSOE IMPULSA A DIMISIÓN DE TELLADO E DENUNCIA A “MISOXINIA” DE JÁCOME QUE PEDIU SÓ A DIMISIÓN DE PRADO A PESAR DE AMBOS CARGOS DO PP ULTRAXARON A OURENSE

Os e as socialistas veñen de rexistrar unha emenda coa que tamén esixen a dimisión de Tellado como senador por designación autonómica e de Vicesecretario xeral de Organización do PP

“Ou Gonzalo Pérez Jácome é un misóxino e por iso só ataca a Prado ou agocha algún interese persoal oculto que lle impide reclamar a dimisión de Tellado”, advirten

Ourense, 30 de xuño de 2022. O PSdeG-PSOE reclama a inmediata dimisión de Miguel Tellado e denuncia a “bochornosa misoxinia” de Gonzalo Pérez Jácome, tras pedir só a dimisión de Paula Prado a pesar de ambos cargos do PP “ultraxaron a Ourense”, cunhas “declaracións bochornosas e irrespetuososas” nas que situaban á terceira cidade de Galicia e á provincia fóra da nosa comunidade autónoma. “Ou é un misóxino ou agocha algún interese persoal oculto que lle impide reclamar a dimisión de Tellado”, advirten.

Os e as socialistas veñen de rexistrar unha emenda de engádega á moción presentada por DO para o pleno do Concello de Ourense de mañá venres, mediante a que tamén esixen a dimisión de Miguel Ángel Tellado Filgueira a súa dimisión dos cargos de senador por designación autonómica de Galicia e de Vicesecretario xeral de Organización do Partido Popular. Así mesmo, manteñen a proposta de dimisión de Prado como Viceportavoz e deputada.

Desde o PSdeG-PSOE consideran “absolutamente intolerables” estas declaracións dos dous altos cargos do PP, que son “unha afronta nunca antes vista” por parte dun partido político “contra Ourense e contra os e as ourensáns”. “Claro que Ourense é Galicia e estas ignominiosas palabras do Partido Popular só amosan o desleixo e o desprezo dos conservadores contra todos e todas nós e contra a nosa terra”, aseveran

“A frase non foi ningún erro” resaltan antes de esixir a dimisión de ambos cargos públicos antes de insistir na “urxente necesidade” de que Tellado e Prado “veñan canto antes a Ourense a pedirnos desculpas”.